Shakespeare in Love
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Shakespeare in love (Shakespeare namorado) é unha película estadounidense dirixida por John Philip Madden no ano 1998. Só na súa primeira semana recadou catro millóns de dólares na taquillas estadounidenses e foi a película triunfadora dos premios Oscar na edición na que concursou.
Índice |
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Nesta película dramática con toques de humor, William Shakespeare está retratado coma un mozo, dramaturgo en loita, con escaseza de cartos, problemas coas mulleres e bloqueos mentais á hora de escribir. Algúns personaxes e as súas palabras fan referencia a palabras e personaxes en obras reais de Shakespeare.
Cando William Shakespeare dirixe unha das súas obras de teatro coñece, entre os actores que a representan, a un personaxe que logo será a muller da que se namore.
Shakespeare in Love narra as peripecias literarias e amorosas dun mozo Shakespeare correctamente interpretado por Joseph Fiennes.
[editar] Ficha técnica
- Joseph Fiennes (William Shakespeare)
- Gwyneth Paltrow (Viola De Lesseps)
- Judi Dench (Isabel I de Inglaterra)
- Geoffrey Rush (Philip Henslowe)
- Imelda Staunton (ama)
- Colin Firth (Lord Wessex)
- Tom Wilkinson (Hugh Fennyman)
- Steve O'Donnell (Lambert)
- Tim McMullen (Frees)
- Steven Beard (Makepeace)
- Antony Sher (Dr. Moth)
- Patrick Barlow (Will Kempe)
- Martin Clunes (Richard Burbage)
- Sandra Reinton (Rosaline)
- Simon Callow (Tilney)
- Jim Carter (Ralph Bashford)
- Mark Williams (Wabash)
- Ben Affleck (Ned Alleyn)
- Nicholas Boulton (Henry Condell)
- Joe Roberts (John Webster)
- David Curtiz (John Hemmings)
- Sen acreditar, fai un cameo, Rupert Everett como Christopher Marlowe
[editar] Premios
- Oscar á mellor película
- Oscar á mellor actriz - Gwyneth Paltrow
- Oscar á mellor actriz de repartición - Judi Dench
- Oscar ao mellor guión orixinal - Marc Norman e Tom Stoppard
- Oscar á mellor banda sonora - Stephen Warbeck
- Oscar á mellor dirección de arte - Martin Childs e Jill Quertier
- Oscar ao mellor deseño de vestiario - Sandy Powell