Noumea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Noumea (en francés Nouméa) é a principal cidade e capital administrativa do territorio de ultramar francés de Nova Caledonia. A cidade está situada nunha península da parte suroccidental da illa de Nova Caledonia. Tamén é a maior ciadade francófona de Oceanía. A poboación ronda os 91.386 habitantes que tornan uns 146.000 contando toda o contorno urbano. A cidade caracterízase pola súa multietnicidade, podendo encontrar diversas etnias: a metade dos habitantes é de orixe caldoque, pero tamén conta cunha forte proporción de orixe kanak, asiáticos e polinesios.