Namur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Namur (en valón Nameûr, en flamengo Namen) é unha cidade de Bélxica, con cerca de 100.000 habetantes, capital da Valonia, a rexión francófona do país, máis e da provincia homónima. É a sede da diocese de Namur de observancia católica.
Índice |
[editar] Situación
Namur fica situada ao surleste da capital do país, Bruxelas, na confluenza dos ríos Mosa e Sambre.
[editar] Orixe
A cidade xorde con fins militares na época merovinxia para velar sobre do val do Mosa.
[editar] A ver
Entre os monumentos principais da cidade contan:
- catedral de Saint Aubain (Santo Albano), que tras as reformas de 1751 e 1763 adquiríu o actual aspecto neoclásico. Garda pinturas de Jacob Jordaens e de Anthony van Dyck);
- Museo de Artes Antigas de Namur (Musée des Arts Anciens du Namurois);
- Museo Arqueolóxico (Musée Archéologique);
- Cidadela (Citadelle): fortificacións da época moderna, para gardar o val do Sambre, que sufríu numerosos asedios; conserva as trazsa dos grandes enxeñeiros militares da época: Vauban e Menno van Coehoorn; na actualidade está transformado nun parque.
[editar] Irmandamentos
- Italia - Empoli