See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Museo - Wikipedia

Museo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Museo Nacional de Antropoloxía (Cidade de México)
Museo Nacional de Antropoloxía (Cidade de México)

Un museo (do latín musēum e este á súa vez do grego μουσεον = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas, etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de arte que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en Grecia e en Roma; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.

En 1977 a ONU declarou o 18 de maio como Día Internacional dos Museos.

Índice

[editar] Historia

Na súa orixe, un museo era un templo de musas, un lugar sacro que elas frecuentaban, e non hai que esquecer que, na súa orixe, as musas eran as deusas da memoria. Máis tarde, na época da dinastía Ptolemaica, Ptolomeo Filadelfo mandou construír en Alexandría un edificio ao que chamou Museo (outras fontes aseguran que o seu fundador foi Ptolomeo I Sóter, pai do anterior). Estaba dedicado ao desenvolvemento de todas as ciencias e servía ademais para os faladoiros dos literatos e sabios que vivían alí, baixo o patrocinio do Estado. Naquel museo foise formando aos poucos unha importante biblioteca.

Os escritores latinos sinalan a existencia dun significado adicional de "museo". Todo parece indicar que así chamaban na antigüidade romana a unhas grutas cunhas características especiais, e que, situadas dentro das vilas, os seus propietarios utilizábanas para retirarse a meditar.

É no Renacemento cando se dá o nome de "museo" tal e como o entendemos hoxe aos edificios expresamente dedicados a tales exposicións. Por outra banda están as galerías de arte, onde se mostran pinturas e esculturas. O seu nome deriva das galerías (dos palacios e castelos), que eran os espazosos vestíbulos de forma alargada, con moitas fiestras ou abertos e sostidos por columnas ou alicerces, destinados aos momentos de descanso e á exhibición de obxectos de adorno, moitas veces obras de arte.

A fins do século XIX o Museo de Historia Natural de Londres exhibía os seus obxectos ordenados cientificamente, grazas ás clasificacións de Linneo.

Un museo na actualidade é un establecemento complexo que require múltiples coidados. Adoita estar dotado dun amplo persoal de traballadores das máis diversas profesións. Xeralmente contan cun director e un ou varios restauradores, conservadores, analistas, administradores, conserxes, persoal de seguridade, entre outros. Os expertos afirman que o verdadeiro obxectivo dos museos debe ser a divulgación da cultura, a investigación, as publicacións respecto diso e as actividades educativas. Nos últimos anos xurdiu a idea das exposicións itinerantes nas que museos de distintas cidades achegan algunhas das súas obras para que poidan verse todas reunidas nun mesmo lugar (idealmente, outro museo). É aínda moi pronto para ter unha avaliación correcta sobre os beneficios deste novo costume, sendo que hai coñecedores do tema tanto a favor como en contra, e todos os razoamentos expostos son respectables.

Actualmente existen unha gran variedade de museos: museos de cera, museos de ciencias e técnica, museos de arte, museos históricos, museos de historia natural, museos dedicados a personalidades e museos arqueolóxicos, por nomear só algúns.

Os museos actuais contan con varias medidas de seguridade para protexer as súas obras:

  • Circuíto pechado de televisión: cámaras de seguridade que gravan constantemente as salas do museo.
  • Vitrinas: protexen cadros e esculturas.
  • Infravermellos pasivos: captan fontes de emisión de calor, por exemplo, o corpo humano.
  • Detectores volumétricos: rexistran desde a presenza de intrusos ata os cambios de temperatura.
  • Cortinas de raios láser: feixes de luz constante que protexen o exhibido.
  • Campos magnéticos: detectan cando algo os atravesa.
  • Detectores de peso: protexen detectando as variacións do peso do que hai sobre eles, activando a alarma.


[editar] Museoloxía

A museoloxía é a ciencia que trata dos museos, a súa historia, a súa influencia na sociedade, as técnicas de conservación e catalogación.

Na actualidade o museógrafo traballa xunto ás ciencias da comunicación e a informática. As informacións escritas deben ser curtas, ao estilo xornalístico, pero con contido científico. A televisión e a informática foron incorporadas para transmitir os contidos de forma lúdica e efectiva. A manipulación de obxectos pasou a ser practicamente unha condición esencial de moitos museos, así como a inclusión de tecnoloxía que foi durante un tempo exclusiva de parques de diversión (dinosauros para cabalgar, trens para percorrer réplicas de minas, etc.).

Isto, sen dúbida, xera polémica, pois non son todos os museólogos que aceptan a inclusión de elementos considerados "de cultura de masas" para levar ao público o resultado de investigacións científicas, pero a cantidade de visitas aos museos que aceptaron a incorporación das novas tecnoloxías demostra que este é o camiño para conciliar o saber (antes considerado) "erudito" coas novas formas de comprender.

[editar] Museografía

A museografía é o conxunto de técnicas e prácticas relativas ao funcionamento dun museo. Agrupa as técnicas de concepción e realización dunha exposición, sexa temporal ou permanente. A disposición física dunha exposición debe ter en conta tanto as esixencias de conservación preventiva dos obxectos o seu a posta en valor de en vistas á súa presentación e a súa comprensión.

A museografía relaciónase cos oficios técnicos ou científicos (arquitectura, restauración de obras de arte...) pero tamén artísticos (escenografía, iluminación...).

O espazo museográfico pode ser definido como un espazo de comunicación, que expresa dunha forma sensible o programa científico do conservador do museo ou do curador dunha exposición temporal.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Dictionnaire des Antiquités Romaines et Grecques. Librairie de Firmin-Didot et Compagnie. Paris, 1883.

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -