Carl von Linné
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carl von Linné (ou Karl von Linné, ou Carlos Linneo, ou Lineu, ou Carolus Linnaeus conforme o país) (nado en 23 de maio de 1707 en Stenbrohult, provincia de Smalandia en Suecia - morto en 10 de xaneiro de 1778) foi o fundador do sistema moderno de clasificación científica dos organismos. Foi el quen propuxo a utilización de dúas palabras en latín, unha representando o xénero, e a outra representando a especie, para bautizar todos os organismos vivos.
En 1732, a Academia de Ciencias de Uppsala financiou a súa expedición para explorar a Laponia, entón practicamente descoñecida. O resultado desa viaxe foi o libro Flora Laponica, publicado en 1737.