Miguel Bosé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miguel Luchino González Bosé é un cantante, director teatral e actor hispano-italiano, nado o 3 de abril de 1956 en cidade de Panamá, Panamá. Ten 21 álbums e 10 millóns de discos vendidos, actuou en 35 películas, varios shows de TV e é director de teatro.
Índice |
[editar] Mocidade
Miguel (González) Bosé, fillo do toureiro Luis Miguel Dominguín e da actriz italiana Lucía Bosé, naceu en Panamá (pero adquiriu a nacionalidade española despois de quedar exento de realizar o servizo militar). Creceu nun ambiente rodeado de arte e cultura. Amigos íntimos da súa familia eran Pablo Picasso, Ernest Hemingway ou o pai do vicepresidente de Colombia (Francisco Santos Calderón). O seu padriño é Luchino Visconti.
[editar] Anos 70
A comezos dos 70, Miguel trasládase a Londres e decide inscribirse na Escola de Danza e Mimo de Lindsay Kemp, e máis tarde decide proseguir os seus estudios de baile na Escola de danza de Maurice Béjart en París.
En 1975 entra de cheo na música da man de Camilo Sesto e en 1977 firma un contrato ca CBS. Ese mesmo ano ve a luz o seu primeiro álbume e o tema "Linda", que ademais incluía cancións como "Amiga" ou "Mi Libertad", de gran popularidade en España e América Latina, que o consagrarían como artista de masas, creando o fenómeno fans. En 1978, co segundo álbum "Miguel Bosé" e ca canción "Anna", comeza unha exitosa carreira internacional con forte proxeción en varios países de Europa. Un pouco máis tarde saería o seu álbume "Chicas!" (1979) de onde se extraerá un dos seus maiores éxitos desta época: "Super Superman".
[editar] Anos 80
En 1980 Bosé publica "Miguel" o seu álbume máis importante desta primeira etapa que contiña os sinxelos "Morir De Amor" e "Te Amaré", que o colocarían á cabeza das listas de numerosos paises. "Olympic Games" foi un dos seus sinxelos máis internacionais deste álbume. Na súa portada aparecía vestido de toureiro como homenaxe ó seu pai. Nun dos momentos máis álxidos da súa carreira, sucédense as xiras multitudinarias, ó igual que as versións dos seus discos noutros idiomas. Co seu seguinte traballo, o álbume, "Más Allá" (1981), Bosé non consegue a repercusión dos seus traballos predecesores e o machacón sinxelo "Marchate Ya" non acaba de encaixar entre os seus fans. Este percance leva á discográfica a editar ó ano seguinte un álbume recopilatorio con tódolos seus sinxelos e con dous temas inéditos: "Bravo Muchachos" (1982) que consegue colocar a Miguel nos primeiros postos das listas en España, Italia e outros países de Europa.
Por estas datas, Miguel convértese en padriño do exitoso grupo mexicano Timbiriche que tiña como integrantes orixinais a Diego Schoening, Sasha Sokol, Benny Ibarra, Mariana Garza, Alix Bauer e Paulina Rubio. Durante a súa estadía en México relacionóuselle moito ca cantante e actriz Daniela Romo e realizou producións con Luis Del Llano Macedo.
Mentras que o seu éxito en Italia estaba in crescendo e o seu álbume "Milano-Madrid" 1983 así o acreditaba, en España o seu álbume de 1983 "Made In Spain" (gravado con composicións realizadas para el por bandas da época como "Alaska y los Pegamoides", "Radio Futura" ou "Mecano") non acaba de cuaxar. Bosé intentaba manterse a flote despois do seu éxito a finais dos 70, pero vía como tódalas formacións do fenómeno fans da década pasada, tipo "Pecos", ían desaparecendo paulatinamente sendo substituidas por bandas da movida madrileña...
1984 ve o nacemento dun novo Miguel Bosé... O artista decide tomar as riendas da súa carreira, e redirixir a súa música cara un público máis maduro. Perseguido pola pantasma da etiqueta "música para nenas", Bosé cambia o seu rexistro vocal (moito máis grave agora) e reorienta a súa música hacia influencias da talla de David Bowie ou bandas como "Depeche Mode". O xiro musical é mal acollido pola discográfica SONY, que cre que o seu produto váiselle das mans, e se converte en incontrolable... así sería... Miguel Bosé grava, en contra da vontade da súa discográfica, "Bandido", considerado como unha das súas obras cumbres. Os seus sinxelos "Sevilla" e "Amante Bandido" arrasan nas listas españolas e latinoamericanas e pronostican un futuro prometedor para o novo Bosé. Se ben o cambio sitúao á vangarda da moda e a época, este novo rexistro non é moi ben aceptado polos fans italianos que preferían a imaxe pulcra de neno bo de antaño fronte a este novo Bosé máis ambiguo e con barba de tres días, vestido co popular pantalón-falda desa época. A portada do álbume mostraba a un Bosé revolucionario, co rostro maquillado e o pelo crespado na liña do traballo "Aladdin Sane" de David Bowie.
É unha etapa na que a imaxe de Bosé é case tan importante como a súa música. O seu look moderno e sofisticado (mitade vampiro mitade extraterrestre) e o seu carisma innegable convértense na tarxeta de presentación alí onde vai... O artista rodéase dun halo intocable e case extraterrenal, combinando os seus traballos musicais con incursións esporádicas no mundo do cine como "El Caballero Del Dragón" (a película española máis cara ata a época) ou "En Penumbra".
O camiño musical da experimentación e da produción máis elaborada continúa para Miguel co lanzamento dos seus dous seguintes discos, editados xa en Warner Music, a súa actual compañía discográfica: "Salamandra" (1986) e "XXX" (1987).
Se ben "Salamandra" é unha continuación algo máis complexa e intimista de "Bandido", con sinxelos de grande éxito e repercusión como "Nena" ou "Aire Soy", "XXX" é o ambicioso intento de Bosé por conquistar o mercado Norteamericano. Cun son moito máis industrial e letras máis crípticas, o disco edítase en EEUU con portada diferente e os temas en inglés. Nin "Lay Down On Me" nin "The Eight Wonder" lograrían a repercusión desexada polo artista, mentras que as súas versións en castelán, "Como Un Lobo" e "Duende", si triunfarían en España e Latinoamérica. Tras unha durísima xira na que Bosé adelgazou moitísimo, o artista decide tomarse un longo descanso para disfrutar da vida cotidiana, perdéndose nas noites madrileñas.
[editar] Anos 90
A comezos dos 90 sae o seu álbume "Los Chicos No Lloran", que acerca a Miguel a un son máis comercial có de traballos anteriores e aporta unha imaxe ó artista máis accesible para tódolos públicos. O disco colleitaría varios éxitos en sinxelo, pero perdería o glamour e a sofisticación dos traballos anteriores. A exitosa xira de presentación do disco recolleríase no seu seguinte traballo "Directo '90".
Tras un curto periodo de relax, en 1992 Bosé consegue outro fito, esta vez no mundo cinematográfico, co seu papel de xuiz travestido na película de Pedro Almodovar "Tacones Lejanos".
En 1993 preséntase no mercado español o álbume "Bajo El Signo El Caín" que posteriormente, en 1994, editaráse en versión inglesa e italiana. O disco é un regreso ó camiño da experimentación e reflicte unha notable madurez artística, creando unha ponte sonora con "XXX", pero máis intimista e innovador se cabe, e cargado dunha beleza ambiental case cinematográfica. "Si Tú No Vuelves" ou "Nada Particular" foron os sinxelos de maior éxito do álbume. De novo unha exitosa xira devolvería a Bosé sobre os escenarios, para continuar ca aparición na importante produción francesa "A Raíña Margot".
En 1995 saería "Laberinto", complexa continuación de "Bajo El Signo De Caín", aínda máis experimental e criptica, que tan só contiña un tema meramente comercial ó uso, "La Autoradio Canta". O disco reeditaríase incluíndo tres temas máis comerciais, entre eles o sinxelo "Este Mundo Va", para asegurar así o seu éxito de vendas. E unha vez máis outro fito no mundo cinematográfico acompaña a Bosé ca súa aparición na película "Libertarias" de Vicente Aranda, interpretando a Jesús Arnal, ex-cura amigo e secretario de Durruti. Tamen en 1995 Miguel Bosé aparece na curtometraxe "Detrás Del Dinero" de Alejandro González Iñárritu.
En 1998 Miguel publica un álbume de versións, "Once Maneras De Ponerse Un Sombrero": a súa persoal homenaxe a algunhas das cancións máis importantes da cultura latina para el. Seguindo o camiño da produción complexa, o traballo rebosa beleza nos seus sinxelos "Muro" e "Solo Pienso En Tí". Nese mesmo ano Miguel Bosé sufre un accidente de automóbil xunto á súa amiga Rebecca de Alba saíndo os dous con feridas.
En 1999 Miguel publica un disco de éxitos dos últimos 15 anos de carreira (1984-1998) co nome de "Lo Mejor De Bosé" que incluía 2 temas inéditos "Hacer Por Hacer" e "No Hay Ni Un Corazón Que Valga La Pena", e 2 novas versións, unha de "Amante Bandido" e outra de "Nena". Para Italia tamén sae outro de éxitos co nome "Best Of", con versións en italiano de "Este Mundo Va" ("Questo Mondo Va") e de "Hacer Por Hacer" ("Un Momento Per Me").
[editar] Anos 2000
Tras un periodo marcado pola presentación do programa "Septimo De Caballería" para TVE e un aparatoso accidente de tráfico que case lle custa a vida, Bosé embárcase no 2000 nun longuísimo tour, "Girados", xunto á ex-cantante do grupo Mecano Ana Torroja, que os levará a moitas cidades de España e Latinoamérica facendo repaso pola extensa carreira musical de ambos artistas e interpretando moitos dos seus temas a dúo. A xira publicaráse nun dobre CD gravado en directo.
En 2001 Miguel publica o seu novo traballo de estudio, o primeiro desde 1998: "Sereno", un disco claramente máis comercial respecto ós seus traballos anteriores e onde se reflexan algunhas etapas descoñecidas da súa vida.
Tres anos despois presentou o ambicioso proxecto "Por Vos Muero" (2004), onde colaborou con varios músicos e compositores, entre eles Alejandro Sanz, que ese mesmo ano convertírase no seu compadre, xa que foi padriño do bautizo de Manuela, a filla de Alejandro. O disco, gravado en La Cuadra, a casa de Miguel, baixo a produción de Chris Cameron e Nicolás Sorín, é unha especie de homenaxe persoal ó mundo do cine, ás bandas sonoras e á formación clásica que recibiu de neno. Un disco que presentou en directo en moi poucas cidades de España e México, con diferentes orquestas sinfónicas, e que supuxo un dos retos máis importantes na súa carreira.
En 2005, sae "Velvetina", unha obra que nos acerca ó mundo da electrónica, o dance, o trip hop e o chill-out, gravado ó mesmo tempo que "Por Vos Muero". "Velvetina" presenta 13 novas cancións compostas e producidas por Antonio Cortés e o propio Miguel, mesturando diferentes idiomas nas súas letras. O DVD que acompaña unha das edicións do disco, inclúee 13 vídeoclips que ilustran visualmente cada un dos temas. Estas "video-creacións" foron dirixidas por realizadores novos que gozaron de total liberdade creativa. O deseño do disco e a imaxe de "Velvetina" foron realizadas polo deseñador David Delfín.
En 2007, sae á venda o disco "Papito", onde recompila os seus máis grandes éxitos, cantándoos a dúo con varios cantantes de talla internacional e tendo grande éxito desde a primeira semana de vendas, logrando en México o Disco de Platino.
[editar] Colaboracións
Colaborou musicalmente ó longo destes anos con artistas como Noa, Vicente Amigo, Carlos Berlanga, Rafa Sánchez (La Unión), Alejandro Fernández, Alejandro Sanz, Daniela Romo, Mikel Erentxun, Armando Manzanero, Benny Ibarra, Pedro Marín, Miranda, Tania Libertad, Carlos Berlanga, Natasha St-Pier ou Paulina Rubio, entre outros, destacando o seu interesante traballo como narrador na obra "Pedro y El Lobo" (1994) xunto ca Orquesta da Ópera de Lyon.
O seu último proxecto musical titulado "Papito" reune artistas consagrados e populares nun particular homenaxe ós seus 30 anos de carreira musical. Invitando a personalidades como Shakira, Juanes, Ricky Martin, Julieta Venegas, Paulina Rubio, Sasha Sökol, Laura Pausini, Amaia Montero (vocalista de La oreja de Van Gogh), Pedro Andrea, Michael Stipe (vocalista de R.E.M.), Bimba Bosé (a súa sobriña), Ivete Sangalo, Rafa Sánchez (vocalista de La Unión), Mina, David Summers de Hombres G, Hotel Persona (con Stefan Olsdal, baixista de Placebo) ou Alaska de Fangoria, entre outros.
Deste ambicioso proxecto despréndese o que parece ser o seu último Tour Internacional titulado "Papitour", iniciado no mes de maio e que debería concluír en setembro en España e comezar en América en outubro e concluílo en novembro de 2007.
[editar] Traxectoria como actor
[editar] Cine
Con só 14 años, vese obrigado a renunciar ó papel de Tadzio na película "Muerte En Venecia" de Luchino Visconti. A súa cita definitiva co mundo do cine chegará dous anos máis tarde da man do director italiano Duccio Tessari.
Ó longo da súa traxectoria musical, Miguel nunca descuidou o seu amor polo cine. En 1976 protagoniza a película "Retrato de familia" de Antonio Giménez-Rico basada na novela Mi idolatrado hijo Sisí de Miguel Delibes. A pesar de tantos paréntesis cinematográficos, pódese destacar o seu traballo como actor na película "Tacones lejanos" (1991) de Pedro Almodóvar. Tamén traballou noutras películas como "Lo más natural" (1991), "La Nuit Sacrée" (1992), "Mazzepa" (1993), "La reina Margot" (1994), "Felpudo maldito" (1995), "Libertarias" (1995) ou "Enciende mi pasión" (1995).
[editar] Teatro
Á marxe da música e do cine, entre os intereses artísticos de Miguel tamén está o teatro. Participa en dúas producións: "El Martirio de San Sebastián" de La Fura dels Baus, como narrador, e nun recital de poesía dedicado a Rafael Alberti e Pablo Neruda.
[editar] Presentador
De 1997 a 1999 presentou o programa musical de TVE 1 Séptimo de Caballería rebautizado como El Séptimo, pero con escasa audiencia.
En 2002 presentou a versión Italiana de Operación Triunfo, Operazione Trionfo.
[editar] Discografía
[editar] Ariola
[editar] CBS
- 1977 Linda
- 1978 Miguel Bosè
- 1979 Chicas!
- 1979 Chicas! (Versión italiana)
- 1979 Chicas! (Versión inglesa)
- 1979 La Misa Campesina
- 1979 La Misa Campesina Du Nicaragua
- 1980 Miguel
- 1980 Miguel (Versión italiana)
- 1980 Madrid
- 1980 Miguel Bosé (Versión portuguesa)
- 1980 Miguel Bosé (Xapón)
- 1980 Cosas De Niños
- 1981 Más Allá
- 1981 Singolo
- 1981 Stay The Night
- 1982 Miguel Bosé (Versión francesa)
- 1982 Tutti-Frutti
- 1982 ¡Bravo Muchachos! Los grandes éxitos de Miguel Bosè
- 1982 Bravi Ragazzi
- 1983 Made in Spain (Portada de Andy Warhol)
- 1983 Milano - Madrid (Portada de Andy Warhol)
- 1984 Bandido
- 1984 Bandido (Versión italiana)
[editar] WEA
- 1986 Salamandra
- 1986 Salamandra (Versión inglesa)
- 1987 XXX
- 1987 XXX (Versión inglesa)
- 1990 Los chicos no lloran
- 1991 Directo '90
- 1991 Directo (Francia)
- 1993 Bajo el signo de Caín
- 1994 Sotto il Segno di Caino
- 1994 Under the Sign of Cain
- 1994 Pedro y El Lobo / Historia De Babar El Elefantito (Narrado)
- 1995 Laberinto
- 1996 Labirinto
- 1997 Mordre Dans Ton Coeur
- 1998 11 maneras de ponerse un sombrero
- 1999 Lo Mejor de Bosé
- 1999 Best of Miguel Bosè
- 2000 Girados En Concierto (con Ana Torroja)
- 2001 Sereno
- 2002 Morenamia (sinxelo, versión italiana)
- 2002 Sereno (Edición especial)
- 2004 Por vos muero
- 2005 Velvetina
- 2007 Papito