David Bowie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
David Robert Jones, coñecido artisticamente como David Bowie, é un cantante británico nado o 8 de xaneiro de 1947 en Brixton, un barrio de Londres. Creceu na vila de Bromley, no condado de Kent, actualmente parte do Gran Londres.
É un dos artistas máis respectados e influíntes da historia do rock, e a súa música deixou unha enorme pegada en varias xeracións de artistas. Durante a súa longa traxectoria, a súa música vinculouse con múltiples xéneros como o Folk Rock, o Hard Rock, o Glam Rock, o Soul ou a música electrónica, demostrando unha gran facilidade para reinventarse e adaptarse ás novas tendencias musicais, nalgunhas ocasións inspirándoas ou anticipándose a elas. Por todo isto é popularmente coñecido como o Camaleón do Rock. Ademais de demostrar o seu talento na súa faceta musical como cantante, compositor, multi-instrumentista e produtor, tamén é actor, director de vídeos musicais e artista plástico.
Un dos feitos máis famosos da biografía de Bowie tivo lugar durante unha rifa estudiantil. David naceu con ambos ollos azuis, pero nunha pelexa no patio do colexio, un alumno feriuno no ollo esquerdo cun compás, o que lle produciu unha heterocromía iridium, cambiando a coor azul a un tono verde gris por depósito de ferro secundario ó traumatismo. O compás non só provocou que a cor dun dos seus ollos se alterara, senón que provocou a parálise dos músculos do iris do ollo esquerdo, o que se convertiu nunha das súas sinais de identidade.
Desde 1992 está casado ca modelo Imán, ca que tivo á súa filla Alexandria, e anteriormente con Angela Barnett (Angie), ca que tivo ó seu fillo Zowie.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Inicios
A súa carreira músical comezou nos 60 como saxofonista e vocalista de varios grupos de rhythm and blues. Un deles foi The Manish Boys, cos que chegou a gravar un sinxelo. Debido á popularidade de Davy Jones, de The Monkees, viuse obrigado a cambiar o seu apelido orixinal, elexindo Bowie en honra da famosa personaxe do Far West Jim Bowie.
A súa primeira gravación como solista foi o LP David Bowie de 1967. Este disco homónimo, influído polos grupos de pop británicos da época e a cultura mod, non tivo demasiado recoñecemento nesa época, se ben co paso dos anos os seus fans foron dándolle máis importancia. Posteriormente díxose que David Bowie plantexouse facer un disco no que retomaría esas vellas cancións, co título de Toy. Algunhas delas foron rescatadas no disco dobre lanzado no ano 2000 Bowie At The Beeb.
[editar] Primeiros éxitos
O seu primeiro grande éxito chegou en 1969 cunha canción de Folk Pop orquestado na que narra a historia dun astronauta perdido no espazo chamado Major Tom e á que titulou Space Oddity en honra da película 2001: Odisea no espazo. Este tema abriría e daría nome ó seu segundo LP, no que se aproximaba á música psicodélica, corrente dominante nese momento. Foi o seu primeiro disco producido por Tony Visconti e tamén contou ca participación de Rick Wakeman, teclista do grupo Yes.
A este disco seguiríao The Man Who Sold The World (1971), onde empezou a colaborar o guitarrista Mick Ronson, considerado como un dos mellores guitarristas da historia do Rock e peza esencial no son de Bowie a partir de entón. O disco estaba moi influído polo Hard Rock de grupos como Led Zeppelin, e non obtivo tanta repercusión como o anterior. En 1993 Nirvana fixeron unha versión do tema que lle deu título, obtendo un grande éxito en todo o mundo.
[editar] Época Glam
O seu seguinte disco foi Hunky Dory, no que incluiría as cancións Changes e Life on Mars?, dous dos seus grandes éxitos. Tamén neste álbume dedicaría sendas cancións ós seus admirados Bob Dylan e Andy Warhol. Nesta época comezaría a xogar ca teatralidade e a ambigüedade sexual característicos do Glam Rock, influído polos seus amigos Lindsay Kemp e Marc Bolan, quen por entón xa era unha grande estrela á fronte de T. Rex.
O éxito de masas chegaríalle en 1972 co seu seguinte LP, The Rise And Fall Of Ziggy Stardust And The Spiders From Mars, un álbum conceptual no que representa a historia dunha estrella do rock chegada doutro planeta, a quen chamou Ziggy Stardust, bautizando á súa banda de acompañamento como The Spiders From Mars. Este disco converteríase no máis célebre do Glam Rock, e está considerado como un dos mellores e máis influíntes na historia do rock.
Nesta época Bowie era omnipresente no pop, algo que queda patente cas súas colaboracións noutros discos importantes do xénero, producindo Transformer de Lou Reed, All The Young Dudes de Mott The Hopple e mesturando Raw Power de Iggy & The Stooges. A súa vida privada tamén deu que falar, xa que tanto el como a súa primeira esposa Angela Bowie, declarábanse abertamente bisexuais. Segundo conta a lenda do rock, o seu divorcio estivo motivado porque Angela sorprendeu a Bowie na cama con Mick Jagger, quen lle dedicaría o seu famoso tema Angie.
En 1973 volveu mutar á personaxe Aladdin Sane, no disco dese mesmo título, que o consolidou como un dos artistas máis populares do momento. O mesmo ano fai un aceno ó seu pasado mod publicando Pin Ups, un disco de versións de cancións dos 60 de artistas como The Rolling Stones, The Who ou The Kinks. Un ano máis tarde lanza Diamond Dogs, xa sen a colaboración de Mick Ronson, e The Spiders From Mars, un álbume inspirado na novela 1984 de George Orwell sendo a portada censurada en varios países.
Se ben Bowie e Iggy Pop desentendéronse dela, a película Velvet Goldmine -título tomado dunha canción de Bowie- pretende reflectir a relación entre ambos durante os anos dourados do Glam.
[editar] O Duque Branco
Durante a xira de Diamond Dogs, Bowie comezou a gravación do álbume Young Americans, orientando o seu son hacia o funk e o soul e rompendo ca estética Glam. De dita xira editaríase un álbume en directo titulado David Live e gracado no Philadelphia Tower Theater, no que quedará plasmado o gran cambio estilístico do artista. O seu novo disco, que intentou ser unha crítica ó modo de vida estadounidense, incluíu o seu primeiro número un neste país, a canción Fame, coescrita e gravada con John Lennon. Durante 1975, Bowie consolidouse como unh megaestrela en EEUU; Young Americans mantívose nas listas de discos máis vendidos durante case un ano, e actuou nos programas máis famosos da época como Soul Train o uDick Cavett Show; incluso chegaría a gravar un programa especial con Cher. En Gran Breataña tamén lograría o número 1 ese mesmo ano cunha reedición do sinxelo Space Oddity.
Nesta época a adicción de Bowie á cocaína alcanza cuotas altísimas. A súa extrema delgadez, a súa nova imaxe, co pelo loiro-roxizo engominado, e co seu aspecto totalmente alieníxena, sérvenlle en bandexa a súa primera incursión no mundo cinematográfico protagonizando a película The Man Who Fell To Earth, na que interpreta a unha persoaxe na que se inspiraría para crear o seu seguinte alter ego, The Thin White Duke (O Duque branco) no seu seguinte álbume Station To Station
Station To Station, editado en xaneiro de 1976, é para moitos o mellor disco de David Bowie, e foi co que logrou o seu mellor posto nas listas de EEUU. Un disco a medio camiño entre o funk e soul do seu antecesor e a experimentación electrónica que virá nas súas obras futuras. O sinxelo Golden Years arrasa nas pistas de baile. Nestas datas Bowie chega ó seu punto máis álxido no mercado Estadounidense (no europeo xa o lograra na súa etapa Glam), e tras unha intensa xira que o leva a percorrer medio mundo regresa a Europa para comezar a súa etapa máis experimental.
[editar] Berlín
En 1977, o cansancio do éxito e o seu interese polo emerxente krautrock alemán lévao a trasladarse a Berlín, onde realizou os seus tres seguintes discos, coécidos como a Triloxía de Berlín. Nesta cidade comparte piso con Iggy Pop e ambos se desintoxican da súa severa adicción ás drogas. Bowie axuda a Pop nos seus dous primeiros discos en solitario, The Idiot e Lust For Life, quen lle devolve o favor colaborando no primeiro disco berlinés de Bowie, que se chamaría Low.
Este disco e os dous seguintes os coproduce o propio Bowie xunto a Tony Visconti, pero o factor decisivo no característico son da triloxía correría a cargo doutro supervivinte do Glam Rock, Brian Eno, quen escribe e toca moitas das partes instrumentais das cancións, dotándoas de grandes influencias do krautrock e a música electrónica. Se ben Low mantivo o filón comercial do artista, o seguinte álbume, Heroes, que contén a famosa canción do mesmo título, inspirada no Muro de Berlín, foi máis un éxito de crítica que de vendas. Bowie comezaría a pagar o prezo da súa experimentación cunha pésima promoción por parte da compañía discográfica. En 1979, o disco Lodger pecharía esta etapa. O son opaco e experimental da Triloxía de Berlín sería determinante para varias das novas correntes musicais que se estaban orixinando por esas datas, como o Gothic rock, o Post punk, o Synth pop ou o New Romantic.
[editar] Anos 80
Volvendo a EEUU, Bowie grava Scary Monsters, o seu novo gran disco, editado en 1980, onde conecta ca furia e a forza da emerxente new wave e os novos románticos, ca destacada colaboración do guitarrista Robert Fripp. Daquí xorde o sinxelo Ashes to ashes, onde retomaría as desventuras do Major Tom, o protagonista de Space Oddity. Este disco foi nº 1 en Gran Bretaña e supuxo a volta do artista cas listas de éxitos e as grandes vendas despois da bancarrota que supuxera a 'triloxía Berlinesa' para a súa discográfica. Despois de gravar en 1982 un tema con Queen titulado Under Pressure, o Duque Branco inicia o seu periodo máis comercial, muda de discografica (ata a data fora RCA) asinando un contrato multimillonario con EMI e grava o seu disco máis vendido: Let's dance (1983). Tanto o sinxelo que dá título ó álbume como China girl e Modern love convértense en grandes éxitos a ambos lados do Atlántico, e o disco logra vendas millonarias convertíndose no disco máis vendido de 1983, tan só por detrás de Michael Jackson. Unha xira mundial termina de consagrar a Bowie como un artista dinosaurio ó máis puro estilo de Elton John, Tina Turner ou Mick Jagger.
Á par Bowie continúa cunha irregular carreira cinematográfica con traballos como A Ansia de Tony Scott (brilante película de vampiros) ou Bo Nadal, Mr. Lawrence de Nagisha Oshima, que lle reportarían positivas críticas como actor.
En 1984 Bowie gravaría Tonight intentando repetir a fórmula comercial de Let's Dance. Se ben o disco foi outro grande éxito de vendas grazas ó sinxelo Blue Jean, as críticas foron moi severas co artista acusándoo de estancarse e perder esa aura tan característica de innovador que tivo durante os anos 70.
Bowie refuxiaríase no cine nos anos seguintes traballando nas películas Cando chega a noite de John Landis, Principiantes de Julian Temple, Dentro do Laberinto de Jim Henson e A última tentación de Cristo de Martin Scorsese. En 1987 grava o que para boa parte dos seus seguidores é o seu peor disco, Never Let Me Down que xunto ca tibia acollida da súa xira de presentación Glass Spider, obrigarían a Bowie a buscar unha nova vía musical e romper ca súa etapa máis comercial.
En 1989 Bowie forma un grupo chamado Tin Machine, co que, segundo as súas propias palabras, intentaba recoller o espíritu das bandas punteiras do Indie Rock do momento, como Sonic Youth ou The Pixies. Con este grupo grava dous discos de estudio, cos que non obtén o éxito de vendas agardado malia contar con boas cancións.
[editar] Dos 90 á actualidade
Posteriormente seguirá experimentando en tódalas direccións demostrando, en discos como Black tie white noise, Outside, Heathen (onde volve a colaborar con Visconti) ou Reality, que o paso do tempo non fai mella no seu talento musical nin na súa capacidade de innovación. Ó longo da súa carreira versionou cancións e colaborou con grupos como The Cure, Iggy Pop, Blur, Placebo, Lou Reed, Queen, Mick Jagger, Pink Floyd ou recentemente The Arcade Fire e TV on The Radio. Artistas nados baixo a súa influencia son Nine Inch Nails, Pixies, Muse, Suede, Coldplay ou A.F.I., e os seus discos poden considerarse, despois dos do propio Bowie, o mellor exemplo dunha rica e polifacética carreira musical.
Os xéneros nos que incurríu foron o Folk, Hard Rock, Glam, Soul, R&B, Electrónica, New Wave, Dance, Post-punk, Industrial, Drum & Bass, Pop e Art Rock.
[editar] Discografía
[editar] Discos de estudio
- 1967 - David Bowie
- 1969 - Space Oddity
- 1971 - The man who sold the world
- 1971 - Hunky Dory
- 1972 - The rise and fall of Ziggy Stardust and the spiders from Mars
- 1973 - Aladdin Sane
- 1973 - Pinups
- 1974 - Diamond Dogs
- 1975 - Young Americans
- 1976 - Station to Station
- 1977 - Low
- 1977 - Heroes
- 1979 - Lodger
- 1980 - Scary Monsters
- 1983 - Let's dance
- 1984 - Tonight
- 1987 - Never Let Me Down
- 1989 - Tin Machine
- 1991 - Tin Machine II
- 1993 - Black tie, White noise
- 1993 - The Buddha of Suburbia
- 1995 - 1-Outside
- 1997 - Earthling
- 1999 - Hours...
- 2002 - Heathen
- 2003 - Reality
[editar] Discos en vivo
- 1974 - David Live
- 1978 - Stage
- 1979 - Rock Concer
- 1982 - David Bowie At The Tower Philadelphia
- 1993 - Best Of Grunge Rock
- 1995 - Santa Monica 1972
- 1995 - Ziggy Stardust and the Spiders from Mars Live
- 1995 - Live 1972
- 1995 - RarestOneBowie
- 1996 - A Portrait In Flesh
- 1996 - Phoenix Festival CD
- 2000 - Live And Well
[editar] Películas
- 1967 - The Image (curtametraxe)
- 1969 - The Virgin Soldiers
- 1969 - Love You Till Tuesday (curtametraxe)
- 1973 - Ziggy Stardust and the Spiders from Mars (documental)
- 1974 - Cracked Actor (documental da BBC)
- 1976 - The Man Who Fell To Earth
- 1979 - Just A Gigolo (David Hemmings)
- 1983 - The Hunger (Tony Scott), con Susan Sarandon e Catherine Deneuve
- 1983 - Merry Christmas, Mr. Lawrence (Nagisa Oshima), basada na novela The Seed and the Sower de Laurens van der Post
- 1986 - Labyrinth (Jim Henson)
- 1986 - Absolute Beginners
- 1988 - The Last Temptation of Christ (Martin Scorsese), facendo de Poncio Pilatos
- 1991 - The Linguini Incident con Rosanna Arquette
- 1992 - Twin Peaks: Fire Walk with me (David Lynch)
- 1996 - Basquiat (Julian Schnabel), bio-pic do artista Jean-Michel Basquiat
- 1998 - Il Mio West
- 1998 - Everybody Loves Sunshine - a.k.a Busted
- 2000 - Exhuming Mr. Rice
- 2001 - Zoolander
- 2006 - The prestige (Christopher Nolan)