Marcel Proust
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Valentin-Louis-Georges-Eugène-Marcel Proust (París, 1871 – 1922) foi un escritor francés, coñecido por ser o autor de Á busca do tempo perdido, unha obra monumental e canónica da literatura literatura do século XX.
Índice |
[editar] Biografia
Fillo dun médico católico e dunha alsaciana de orixe xudía, de saúde delicada dende a infancia, polo que medrou entre continuas atencións da súa nai. Estudou na Sorbona, frecuentou os salóns literarios da época. En 1896 publicou unha colección de relatos e ensaios Os placeres e os días, con prólogo de Anatole France. Publica artigos sobre a vida mundana parisina en xornais.
Trala morte dos seus país agrávanse os problemas de asma, e illase socialmente dedicándose a escribir Á busca do tempo perdido que se publicou entre 1913 e 1927. No ano 1919 obtuvo o premio Goncourt AsombraA la sombra de las muchachas en flor (volumen 2 de En busca del tiempo perdido,)
[editar] Obra
A novela, que Proust, comparou coa estrutura dunha catedral gótica, é unha reconstrución dunha vida a través dunha memoria involuntaria, que nos devolve un pasado na súa presenza física, sensible, coa integridade e a plenitude do sentido do recordo. O tempo ao que se refire Proust é o tempo vivido, pero non lineal senón a través do recordo coas súas disgresións, saltos e lágoas, polo que a novela adquire unha estrutura labiríntica. O estilo xeral da novela de Proust é unha sintaxe bastante complexa, un léxico mui amplo, unas frases moi longas e con moita oralidade sometida ao estilo literario.