Lingua xhosa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xhosa (IsiXhosa) | |
---|---|
Falada en: | África do Sur, Botsuana, Lesoto |
Rexión do planeta: | África |
Total de falantes: | 7,9 millóns |
Posición no mundo: | - |
Família lingüística: | Linguas africanas Grupo Níxer-Congo |
Status oficial | |
Língua oficial de: | África do Sur (unha das 11 linguas oficiais) |
Regulada por: | -- |
Codificacións | |
ISO 639-1 | xh |
ISO 639-2 | xho |
Véxase tamén: Linguas bantu – Lingua |
Xhosa (ou IsiXhosa, a forma simple é normalmente utilizada para denominar aos seus falantes) é unha das 11 linguas oficiais da África do Sur. É falada por aproximadamente 7,9 millóns de persoas (preto do 18% de sur-africanos), principalmente nas provincias do Cabo e sur do KwaZulu-Natal, mais tamén nos países viciños, Botswana e Lesoto.
As consoantes clicantes son unha característica proeminente dos sons desta lingua e mesmo o nome "Xhosa" iniciase cun "clique". No IPA, o nome da lingua é pronunciado aproximadamente como [||hosa].
Estimase que preto de 15% do vocabulario é de orixe Khoisan e mesmo as consoantes clicantes poden ser desa orixe. Existen xornais e programas de radio nesta lingua.
Dialectos: XeAleka, Ndlambe, Gaika (NCqika), Thembu, BomVana, MPondomse (MPondomisi), MPondo, Xesibe.
Clasificación da lingua IsiXhosa: Nixer-Congo, Atlantic-Congo, Volta-Congo, Benue-Congo, Bantoid, Southern, Narrow Bantu, Central, S, Nguni (S.40).