Lei fonética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En fonética histórica, unha lei fonética designa o principio de regularidade dunha mudanza fonética dada.
O concepto apareceu na segunda metade do século XIX nun contexto cientifista e positivismo no que se pretendía formular leis na lingüística semellantes ás que rexían o mundo das ciencias experimentais. Introducíronno os foneticistas neogramáticos como W. Scherer e Hermann Paul, para quen as leis fonéticas son inmutábeis: un mesmo fonema, nun contexto fonético dado, sofre na mesma lingua e durante un período determinado, a mesma mudanza en todas as palabras desa lingua. As únicas excepcións admitidas eran aqueles casos nos que unha lei se enfrentaba a outra e as debidas á operación de analoxía.
Unha "lei" coñecida é a perda do -n- intervocálico en galego durante certo período da Idade Media. A máis famosa é a lei de Grimm sobre a mutación consonántica no xermánico.
Hoxe en día prefírese a denominación tendencia fonética. Algunhas das máis importantes son: