Lei de Grimm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En fonética histórica dáse o nome de Lei de Grimm a unha tendencia fonética descoberta en 1822 por Jacob Grimm que dá conta das principais correspondencias entre as linguas xermánicas por unha mutación acontecida no período pré-histórico do xermánico:
- As consoantes aspiradas do indo-europeo, [bh, dh, gh], tornaron en non aspiradas, [b, d, g];
- as sonoras, [b, d, g] tornaron en xordas, [p, t, k];
- as xordas fixéronse aspiradas, [f, θ, h].
Esta lei non explicaba certas excepcións e foi completada posteriormente pola lei de Verner, que ten en conta a posición do acento.
Ademais dos resultados da propia lei, a Lei de Grimm foi moi importante porque abriu un camiño de investigación e xustificou o principio da regularidade das leis fonéticas, a partir do cal se desenvolveu a fonética histórica e comparada.