Le Corbusier
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charles-Edouard Jeanneret-Gris (6 de outubro de 1887 en La Chaux-de-fonds, Suiza - 27 de agosto de 1965 en Cap Martin, preto de Niza, Francia), máis coñecido polo pseudónimo de Le Corbusier, foi un arquitecto francés de orixe suíza considerado xuntamente con Frank Lloyd Wright un dos máis importantes arquitectos do século XX.
Coa idade de 29 anos, mudouse para París, onde adoptou o seu pseudónimo, que foi buscar ó nome do seu avó materno. A súa figura era marcada polos seus anteollos redondos de aros escuros.
Le Corbusier lanzou as bases, no seu libro 'Vers une architecture' (Por unha arquitetura), do movemento moderno de características funcionalistas. A pesquisa que realizou envolvendo unha nova forma de enxerdrar a forma arquitetônica baseada nas necesidades humáns revolucionou (xuntamente coa atuación da Bauhaus na Alemaña) a cultura arquitetónica do mundo enteiro).
A súa obra, ó negar características histórico-nacionalistas, abriu camiño para o que máis tarde sería chamado de 'international style' ou estilo internacional, que tería representantes como Ludwig Mies van der Rohe, Walter Gropius, e Theo van Doesburg. Foi un dos criadores dos CIAM (Congrès Internationaux d'Architecture Moderne).
A súa influencia estendeuse principalmente ó urbanismo. Foi un dos primeiros en comprender as transformacións que o automóbil esixiría no planeamento urbano. A cidade do futuro, na súa perspectiva, debería consistir em grandes blocos de apartamentos asentados en pilotes, deixando o terreo fluír debaixo da construción, o que formaría algo semellante a parques de estacionamento. A meirande parte das teorías arquitectónicas de Le Corbusier foron adoitadas polos construtores de apartamentos nos Estados Unidos da América.
Le Corbusier defendía, xocosamente, que, "por lei, todos os edificios deberían ser brancos", criticando calquera esforzo artifical de ornamentación. As estruturas por iso estaban idealizadas, dunha simplicidade e austeridade espartanas, nas cidades, foron largamente criticadas por ser monótonas e desagradabeis para os peóns. A cidade de Brasilia foi concebida segundo as súas teorías.
Despois da sua morte, os seus detractores aumentaron o ton das críticas, apelidándoo de inimigo das cidades. É, polo tanto, absolutamente, un nome de referencia na historia da arquitectura contemporânea.
[editar] Principais proxectos
- Villa Savoye, 1929 - unha das residencias máis famosas do mundo, en Poissy, França.
- Unidades de Habitación - a primeira construída (en Marsella, 1952) abriu camiño para a realización de tres máis na Francia e unha na Alemaña Oriental.
- Conxunto de edificios-sede da Organización das Nacións Unidas - Nova York, EUA, 1953
- Palacio da Asemblea - Chandigarh, India, 1963
- Notre-Dame-du-Haut - capela en Rochamp, Francia, 1955.