See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
León III, Emperador - Wikipedia

León III, Emperador

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

León e o seu fillo Constantino V.
León e o seu fillo Constantino V.

León III o Isaurio (c. 680 - 18 de xuño de 741), emperador bizantino desde 717 ata a súa morte. Acabou co período de inestabilidade, defendendo con éxito o Imperio ante os árabes, e adoptou a iconoclastia como política relixiosa.

León naceu no provincia siria de Commagene. Ascendeu rapidamente no exército, e baixo Anastasio II concedéuselle o mando do exército de Oriente. En 717 rebelouse contra o usurpador Teodosio III e, na súa marcha cara a Constantinopla, foi elixido emperador no seu lugar. Durante o primeiro ano do reinado de León, a capital sufriu un grave asedio por parte dos árabes, que aproveitaron a desorde civil no Imperio para levar unha forza de 80.000 homes ata o Bósforo. Grazas á súa decidida defensa, León conseguiu que os árabes se retirasen tras doce meses de asedio. Un factor importante na vitoria bizantina foi o uso do lume grego. Tras librar así ao Imperio dunha ameaza que puxo en perigo a súa existencia, León dedicouse a consolidar a súa administración, que sufrira durante os anteriores anos de anarquía. Asegurou tamén as súas fronteiras invitando a colonos eslavos a instalárense en rexións despoboadas e restaurando a eficiencia do exército: cando os árabes volveron atacar en 726 e 739, foron derrotados decisivamente. As súas reformas civís supuxeron a eliminación do sistema de prepago de impostos, que impoñía a carga fiscal sobre os grandes terratenentes, a conversión dos servos nunha clase de arrendatarios libres e a remodelación do dereito de familia e do dereito marítimo. Todas estas medidas, que se incorporaron ao novo código de 740, atoparon unha certa oposición por parte da nobreza e o alto clero.

Pero a reforma lexislativa de maior peso levada a cabo por León tiña que ver con cuestións relixiosas: en concreto coa iconoclastia. Tras un intento, aparentemente acadado, de obrigar ao bautismo de todos os xudeus e montanistas do Imperio (722), León decretou unha serie de edictos contra o culto das imaxes (726-729). Esta prohibición dun costume, que sen dúbida dera lugar a todo tipo de abusos, parece que estivo inspirada por un desexo xenuíno de mellorar a moral pública, e obtivo o apoio da aristocracia oficial e dun sector do clero. Pero unha gran maioría dos teólogos e case todos os monxes opuxéronse a estas medidas con firme hostilidade, e no occidente do Imperio o pobo rexeitou obedecer o edicto. En Grecia desatouse unha revolta, baseada sobre todo na cuestión relixiosa, que foi esmagada pola flota imperial (727), e dous anos despois, León suprimiu a oposición aberta na capital ao destituír ao patriarca de Constantinopla. En Italia, a actitude desafiante dos papas Gregorio II e Gregorio III na cuestión do culto das imaxes conduciu a unha extremada disputa co emperador. Gregorio III reuniu varios concilios en Roma co fin de anatemizar e excomungar aos iconoclastas (730 e 732). León respondeu transferindo o sur de Italia e Grecia da xurisdición papal á do patriarca de Constantinopla. A pugna traduciuse tamén nun levantamento armado no exarcado de Ravenna (727), que León intentou dominar enviando unha gran flota, pero a destrución do seu armamento por mor dunha gran tormenta xogou na súa contra: finalmente, os seus súbditos do sur de Italia incumpriron os seus edictos relixiosos e a provincia de Ravenna escindiuse do Imperio.


Imperio Bizantino

Segue a:
Teodosio III
León III, Emperador
Precede a:
Constantino V
Dinastía Isáurica


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -