Lago Kivu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O lago Kivu é un dos maiores lagos da África. Está situado na fronteira entre a República Democrática do Congo e Ruanda. O lago Kivu desauga no río Ruzizi, que segue para o sur e, á sua vez, desauga do Lago Tanganyika. O lago ficou coñecido como o lugar onde moitas das vítimas do xenocidio de Ruanda en 1994 foron tiradas.
- área: 2.700 km²
- altitude: 1.460 metros
- volume de agua: 500 km³
- largura: 48 km
- lonxitude: 89 km
- profundidade: media 240 metros, máxima 480 metros
- illa: Idjwi
- cidades bañadas:
- República Democrática do Congo: Goma e Bukavu
- Ruanda: Kibuye e Cyangugu
O primeiro europeo en visitar o lago foi o alemán o conde Gustav Adolf von Götzen en 1894.