Kotu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O grupo Kotu, ou tamén grupo Lulunga, é un grupo de illas ao suroeste do grupo Ha'apai, entre o grupo Nomuka e o Lifuka, no reino de Tonga.
Son illas baixas e pequenas, de menos de 2 km², e tan só seis delas están habitadas. Administrativamente forman o distrito de Lulunga na división de Ha'apai. Aínda que o grupo recibe o nome da illa Kotu, a máis grande e poboada é Ha'afeva.
- Fonuaika (20º07' S 174º42' O) é a máis meridional do grupo, situada a 14 km ao norte de Nomuka.
- Tokulu é un banco de area de 1,5 m de altitude, situado a 8 km ao oeste de Fonuaika.
- 'Ou'ua (20º02' S 174º41' O) está a 7 km ao norte de Fonuaika. Ten unha poboación de 178 habitantes (censo de 1996) e unha superfície de 0,98 km².
- Nukulai está separada dos arrecifes de 'Ou'ua por unha canle de 600 m de ancho.
- Lekeleka (20º04' S 174º37' O) está a 6 km ao leste de 'Ou'ua.
- Tungua (20º01' S 175º46' O} se atopa a 6 km ao oeste de 'Ou'ua. Ten unha poboación de 282 habitantes (censo de 1996) e unha superfície de 1,53 km².
- Kito é unha illa pequena e boscosa situada a 2 km ao noroeste de Tungua.
- Foua (20º00' S 174º44' O.) é unha illa pequena e rochosa de 9 m de altitude situada a 1,5 km ao nordés de Tungua.
- Kotu (19º57' S 174º48' O) é a illa máis occidental do grupo, a 6 km ao oeste de Tungua. A costa meridional é escarpada e ten 15 metros de alto, e a costa setentrional é baixa e arenosa. Ten 222 habitantes (censo de 1996) e unha superfície de 0,34 km².
- Putuputua, a máis setentrional do grupo, é un banco de area de 3,7 m de altitude situado a 5 km ao nordés de Kotu.
- Ha'afeva (19º57' S 174º43' O) é a illa principal do grupo, situada a 7 km ao leste de Kotu. Ten unha poboación de 313 habitantes (censo de 1996) e unha superfície de 1,81 km².
- Matuku (19º57' S 174º45' O) é unha illa de 0,34 km² e unha població de 149 habitantes (censo de 1996) situada entre Ha'afeva e Kotu.
- Limu (20º01' S 174º27' O) é unha pqueña illa boscosa a 14 km ao leste de Lekaleka.
- Uanukuhihifu (19º58' S 174º30' O).
- Tofonga (19º57' S 174º28' O).