Nomuka
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nomuka é unha illa do grupo Ha'apai, no reino de Tonga. Está situada a 105 km ao norte de Tongatapu. As súas coordenadas son: 20_15_S_174_48_W 20° 15' S 174° 48' O
[editar] Xeografía
A illa ten unha forma triangular cunha superficie de 7,12 km². Consiste nunha plataforma elevada de coral, cunha altitude máxima de 51 m. A illa contén no interior unha lagoa salgada de 1,5 metros de profundidade. Só a 30 km ao leste atópase o volcán activo de Fonuafo'ou.
A poboación total era de 550 habitantes no censo de 1996.
[editar] Illas do grupo Nomuka
Ao redor de Nomuka localízanse varias illas, case todas elas deshabitadas:
- Nomuka Iki (Pequena Nomuka), localízase a 1,5 km ao sur de Nomuka, separada por unha canle navegable de 500 m de ancho. Ten unha altitude máxima de 45 m.
- Mango 20_20_S_174_43_W 20º20'S 174º43'O, a 8 km ao sueste de Nomuka. Cunha altitude máxima de 43 m. Na costa norte hai un pobo cunha igrexa e 81 habitantes..
- Mango Iki (Pequena Mango), A 1 km ao oeste de Mango.
- Nukufaiau 20_18_S_174_42_W 20º18'S 174º42'O, a 3 km ao norte de Mango.
- Luafitu 20_20_S_174_38_W 20º20'S 174º38'O, é un escollo situado a 7 km ao leste de Mango.
- Nukutula 20_15_S_174_41_W 20º15'S 174º41'O é un banco de area de 5,5 m de altitude, situado a 4 km ao norte de Nukufaiau.
- Fonoifua, a 6 km ao leste de Nukutula. Ten 104 habitantes.
- Tano'a, és un illote a 1 km ao sur de Fonoifua,
- O grupo Otu Tolu está formado por catro illas sobre os mesmos escollos, situadas a 24 km ao leste de Nomuka. Son illas baixas e boscosas.
- Fetokopunga 20_18_S_174_32_W 20º18'S 174º32'O, é a máis setentrional do grupo, situada a 8 km ao leste de Fonoifua, de 17 m de altitude.
- Telekivavau (Teleki do Norte) 20_19_S_174_31_W 20º19'S 174º31'O, a 1 km máis ao sur, ten 22 m de altitude.
- Telekiha'apai ou Lalona (Teleki do Medio) 20_21_S_174_31 20º21'S 174º31'O, a 2 km máis ao sur, ten 20 m de altitude.
- Telekitonga (Teleki do Sur) 20_24_S_174_32W 20º24'S 174º32'O, a 4 km máis ao sur, ten 16 m de altitude.
[editar] Historia
Nomuka foi a primeira illa descuberta do grupo Ha'apai. O holandés Abel Tasman, en 1664, púxolle o nome da cidade holandesa de Róterdam. O seguinte en chegar foi o inglés James Cook, en 1774, interesado en comprobar os descubrimentos do holandés.
Nomuka foi historicamente importante para os barcos de paso para o abastecemento de auga fresca. Era coñecida con diferentes transcricións do nome indíxena: Anamooka i Anamocka, a parte de Nomuka.