See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Juan Ruiz - Wikipedia

Juan Ruiz

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Páxina nun dos manuscritos do Libro de buen amor
Páxina nun dos manuscritos do Libro de buen amor

Juan Ruiz, arcipreste de Hita (Alcalá de Henares ca. 1283 - ca. 1350). Sacerdote e escritor español.

Pouco é o que se coñece da súa vida. Probablemente estudou en Toledo, pasou na cadea varios anos entre 1337 e 1350 por orde do arcebispo de Toledo Gil Albornoz, e alí escribiu a súa única obra, o Libro de Buen Amor (Libro de bo amor). Este libro encerra unha protesta polas posturas integristas daquel prelado, que pretendía extender á súa diócese a doutrina papal do celibato obrigatorio, frente á tradición hispánica da barraganía, ou contrato de convivencia dun sacerdote cunha muller, máis asentada nun territorio multicultural como era a diócese de Toledo, na que xa se extendera a herexía do adopcionismo de Elipando. A súa postura aparece na "Cantiga dos cérigos de Talavera", que parece que foi a que motivou a orde de prisión do arcebispo. Esta postura crítica cara o alto clero emparenta a Juan Ruiz coa literatura goliarda medieval, así como o restante contido desenfadado e crítico da obra. Estímase 1350 como data da súa morte porque ao ano seguinte era outro xa o arcipreste de Hita.

Juan Ruiz é considerado como o primeiro lírico español. Mostra unha cultura ampla e unha linguaxe rica, que gosta de acumular sinónimos parciais e de repetir o mesmo concepto de distintas maneiras, o que o relaciona coa técnica do sermón. A linguaxe é popular e coloquial, moi viva e creativa. Por outra banda, a súa obra mostra un coñecimento das paixóns humanas e caracterízase polo balanzo entre a delicadeza e a desvergoña, que logra mediante unha intelixencia fina, ambigua e irónica, pese ao que a obra posúe brío e audacia.

Do Libro de bo amor existen tres códices: o de Salamanca, ou S., hoxe na Real Biblioteca, considerado como o mellor. Os outros dous son o da Real Academia Española, coñecido como códice G. ou de Gayoso e o T. ou de Toledo. O poema consta de 1728 estrofes e é unha colección heteroxénea de diversos materiais unidos en volta dunha pretendida autobiografía amorosa do propio autor na que aparecen representadas a través das súas amantes todas as camadas da sociedade medieval española. Así, recóllense composicións líricas profanas (serranillas, moitas veces paródicas) ao lado doutras relixiosas, fábulas, apólogos, glosas do Ars Amandi de Ovidio, parodias da liturxia das horas canónicas ou cos cantares de xesta (como o "Combate de don Carnal con dona Cuaresma"), prantos (como o da morte de Trotaconventos, personaxe que constitúe un precedente da Celestina), sátiras (como as dirixidas contra as donas chichas ou o poder igualador do diñeiro, alegorías, moralidades, sermóns, cantigas de cegos e de escolares, etc.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -