John Stockton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Houston Stockton é un ex-xogador de baloncesto estadounidense que formou parte dos Utah Jazz, na NBA durante toda a súa carreira deportiva, entre os anos 1984 e 2003. Naceu o 26 de marzo de 1962 en Spokane (Washington). É considerado un dos mellores xogadores da historia do baloncesto.
[editar] Traxectoria deportiva
[editar] Universidade
Xogou 4 anos coa Universidade de Gonzaga, na súa cidade natal. Na súa última temporada promediou 20.9 puntos e 7.2 asistencias, cifras que o situarían nun bo posto no draft.
[editar] Profesional
Foi elixido polos Utah Jazz en 1984, co número 16 do draft da NBA. Tras 3 temporadas con poucas oportunidades comezou a despuntar coma un dos mellores bases da liga. Deste xeito formou unha longa e exitosa asociación co ala-pívot Karl Malone que os levou a roza-lo título nos anos 1997 e 1998, que perderon námbolos dous casos contra os Chicago Bulls de Michael Jordan.
A súa principal cualidade era a visión de xogo e unha lectura perfecta de calquer situación na pista. O seu físico estaba bastante alonxado do habitual nun xogador da NBA e a miúdo díxose del que tiña máis aspecto de oficinista que de deportista de elite. Pese a todo xogou un total de 19 temporadas na NBA, da que se retirou en 2003 ós 41 anos e xogando ó máximo nivel.
É o lider histórico en asistencias (15.806) e balóns roubados (3.265) da NBA. Ten o promedio máis alto de asistencias por partido nunha temporada (14.5 na 89-90) e unha marca persoal de 28 nun partido. Foi 10 veces All-Star e tamén formou parte do Dream Team que gañou a medalla de ouro en Barcelona 92.
Foi elixido un dos mellores 50 xogadores da historia con ocasión do 50 aniversario da NBA no All-Star de Cleveland, en 1997.