Ivan Bunin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Iván Alexéievich Bunin (en cirílico ruso: Иван Алексеевич Бунин) (n. Voronezh, 22 de outubro de 1870 - † París, 8 de novembro de 1953). Escritor ruso.
Nacido na Rusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían en Yelets. Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso de Don Quixote, cos contos e lendas de Gogol e co Robinson Crusoe.
Durante algún tempo estudou na Universidade de Moscova. Publicou os seus primeiros poemas en 1897 nunha revista literaria de San Petersburgo. A súa primeira colección de poemas, Listopad, apareceu en 1901 sendo cálidamente acollida pola crítica. En 1903 recibiu o Premio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, así como dos poetas ingleses Lord Byron e Alfred Tennyson.
Nos anos previos ao comezo da I Guerra Mundial adicouse a viaxar por Italia, Turquía, Palestina, Exipto, Grecia, Alxeria e Tunisia. Tras a revolución rusa de 1917, en 1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.
Índice |
[editar] Obra literaria
A súa poesía continúa a tradición clásica dos parnasianistas e, especialmente de Aleksandr Pushkin. A partires de 1920, debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do século XIX. Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa de Alexander Blok, pero despreciou a súa prosa.
En 1933 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa arte, ca cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa,. Na viaxe a través de Alemaña para aceptar o premio a Estocolmo, os nazis, aparentemente facendo un control de xoias detivérono, sendo coñecedores estes da súa forte oposición ao réxime nazi.
[editar] Obras seleccionadas
[editar] Prosa |
[editar] Poesia |