See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Iguanodón - Wikipedia

Iguanodón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe incluír o material procedente de Iguanodon


Iguanodón
Estado de conservación
Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Ornithopoda
Infraorde: Iguanodontia
Familia: Iguanodontidae
Xénero: Iguanodon
Nome científico
Iguanodon bernissartensis
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Esta é a primeira reprodución do iguanodón, tal como o imaxinou Gideon Mantell. É unha reconstrución errónea porque se fixo a partir dunha acumulación de ósos sen ordenar.
Esta é a primeira reprodución do iguanodón, tal como o imaxinou Gideon Mantell. É unha reconstrución errónea porque se fixo a partir dunha acumulación de ósos sen ordenar.

O Iguanodón é un dinosauro. O seu nome significa dentes de iguana. Viviu hai uns 120-110 millóns de anos atrás, no período Cretáceo temperán, en Europa, Mongolia, norte de África e Norteamérica.

Tiña un tamaño considerable, 10 metros de lonxitude e 5 de altura. O seu peso era tamén moi grande por termo medio, o que o obrigaba a desprazarse normalmente a catro patas, aínda que se movía con moita soltura a dúas patas, tanto para chegar ás pólas das árbores das que se alimentaba coma para defenderse.

Así, aínda que normalmente optaba pola fuxida (alcanzaba unhas velocidades dun 35 Km/h) cando os seus rabaños eran hostigados por depredadores, cando era necesario, recorría ó ataque, para o cal utilizaba un longo esporón que tiña no polgar (que medía 19 centímetros) das extremidades dianteiras. Para se manter erguido, apoiábase na súa robusta cola.

A alimentación do iguanodón era de talos e follas de plantas. Para esta alimentación posuía fileiras de dentes nos estremos da súa mandíbula para mastigar o alimento, e uns dedos longos e flexibles, para arrincalo das árbores, pois non contaba con dentes que puidesen cortar a vexetación. Desprazábase en mandas na procura de alimentos.

O iguanodón foi dos primeiros dinosauros en ser descubertos (incluso antes de que se soubera da existencia destes seres prehistóricos. En 1834 o científico Gideon Mantell recibiu un esqueleto deste animal, o cal estaba aínda pegado na rocha, xiscado de tal forma que Mantell tivo que utilizar o enxeño para reconstruílo. E fíxoo incorrectamente, pois reconstruíu o esqueleto nun debuxo de tal forma que parece unha iguana xigante, colocando o esporón do polgar no fociño e cos ósos que "sobraban" fixo unha longuísima cola. Durante moito tempo pensouse que o iguanodón debía ser así, incluso o "descubridor" dos dinosauros, Richard Owen, creu desta forma a este dinosauro.

Porén, en 1878, nunha galería dunha mina de carbón da vila belga de Bernissart, uns mineiros, a unha profundidade de 322 metros, tropezaron cuns ósos. O Real Museo de Historia Natural de Bruxelas enviou a algúns paleontólogos ó lugar, os cales descubriron un total de 39 esqueletos de iguanodón en moi boas condicións, gran parte deles completos, o cal permitiu coñecer a verdadeira forma do dinosauro.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -