See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Iberia (aeroliña) - Wikipedia

Iberia (aeroliña)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Boeing 757 de Iberia
Boeing 757 de Iberia

Iberia é unha aeroliña española (o seu nome oficial é Iberia Líneas Aéreas de España, S.A.). É unha das compañías aéreas máis antigas do mundo e está entre as cinco compañías aéreas máis grandes de Europa.

Índice

[editar] Historia

[editar] Fundación

Iberia foi fundada o 28 de xuño de 1927 por Horacio Echeberrieta. O 14 de decembro dese mesmo ano realizou o seu primeiro voo, entre Madrid e Barcelona, sendo o acto presidido por Alfonso XIII.

Iberia iniciou a súa actividade comercial con tres avións Rohrbach Roland, uns trimotores con capacidade para dez pasaxeiros que viaxaban en asentos de vimbio, dous tripulantes, equipaxe e carga, dotados de lavabo e cunha velocidade punta de 205 km/h.

Nos primeiros anos comezan a establecerse as primeiras rutas entre cidades da península, as illas Canarias e algunhas cidades da costa do norte de África.

[editar] Rutas internacionais

En 1939 Iberia fai o primeiro voo entre Madrid e Lisboa, comezando a realizar voos internacionais que ampliaría a comezos dos anos 40 incorporando á lista cidades como Londres, París ou Roma en Europa e Bos Aires e Montevideo no continente americano. Convértese así na primeira compañía que establece, despois da guerra, un servizo aéreo entre Europa e América do Sur.

Na década dos 50 Iberia sobrepasa a cifra do medio millón de pasaxeiros, introdúcese no mercado do Atlántico Norte e o 3 de agosto de 1954 (aniversario da saída de Colón de Palos) inaugúrase a liña Madrid-Nova York con tres avións Super Constellation, bautizados cos nomes das carabelas de Colón: Pinta, Niña e Santa María.

[editar] Os primeiros reactores

O 29 de maio de 1961 celébrase en California a entrega dos tres primeiros reactores da historia de Iberia, os DC-8. Este modelo de avión era considerado "o rei das longas distancias": Nova York, Caracas, San Juan de Puerto Rico, México, La Habana e Bos Aires eran os seus destinos.

O 22 de outubro chega ao aeroporto de Madrid-Barajas o primeiro Boeing 747, coñecido popularmente como Jumbo. Este foi bautizado co nome de Cervantes.

Nos anos 70 establécense novas rutas a destinos como Estambul, Atenas, Varsovia, Budapest ou Kuwait. No mes de novembro de 1974 establécese a primeira Ponte Aérea de Europa, entre as cidades de Madrid e Barcelona como resposta á elevada concentración de pasaxeiros.

O 20 de xuño de 1987 Iberia, Air France, Lufthansa e SAS crean Amadeus, un sistema global de reservas informatizadas. Éste proporciona a miles de axencias de viaxe e oficinas de venda de pasaxes información de horarios, dispoñibilidade de prazas e prezos de billetes de avión de distintas compañías aéreas; tamén facilita a reserva, compra e emisión dos billetes, entre outros servizos.

[editar] Modernización da frota

Entre finais dos anos 80 e principios dos 90, Iberia moderniza a súa frota, os novos McDonell Douglas MD-87, Airbus A320 e A340 e os Boeing 757 remprazarían aos antigos Douglas DC-9, DC-10 e Boeing 727.

En 1991 creou o primeiro programa de fidelización de clientes nunha liña aérea: Iberia Plus. En 1992, Iberia é a aeroliña oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona e da Exposición Universal de Sevilla. En 1996 creó a súa páxina web (www.iberia.com).

Absorbeu Aviaco (Aviación y Comercio, S.A), xunto coa súa frota en 1999 e nese mesmo ano pasou a formar parte da alianza de aeroliñas oneworld, xunto con British Airways e American Airlines entre outras.

[editar] Frota

[editar] Frota actual

[editar] Iberia

McDonnell Douglas MD-87
McDonnell Douglas MD-87

[editar] Air Nostrum (Iberia Rexional)

  • ATR-72: 7 unidades.
  • CRJ-200: 35 unidades.
  • CRJ-900: 4 unidades.
  • Dash-8: 19 unidades.

[editar] Frota histórica

[editar] De 1927 ata 1945

  • Rohrbach R-VIII Roland
  • Junkers G-24
  • Breguet 26T Limousine
  • Savoia Marchetti S-62P
  • Ford 4-AT
  • De Havilland DH 89A Dragon Rapide
  • Dornier J Wal
  • Douglas DC-2
  • Junkers JU-52
  • Douglas DC-1
  • De Havilland DH 90 Dragonfly
  • Douglas DC-3

[editar] De 1945 a 1961

  • Douglas DC-4 Skymaster
  • Airspeed AS-65 Consul
  • Bristol 170 Freighter MK.21
  • Stinson 108-3 Voyager
  • Bloch 161 Languedoc
  • Bristol 170 Freighter MK.31
  • Lockheed L-1049 Super Constellation
  • Convair 440 Metropolitan
  • De Havilland D.H. 114 Heron-2
  • ATL 98 Carvair

[editar] De 1961 a 1970

  • Douglas DC-8
  • SE 210 Caravelle VI R
  • SE 210 Caravelle 10R
  • Douglas DC-8 Serie 63
  • Douglas DC-9
  • Fokker F-28
  • Boeing 727
  • Boeing 747

[editar] Ligazóns externas

Páxina de Iberia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -