Douglas DC-3
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Douglas DC-3 | |
---|---|
DC-3 da Forza Aérea Portuguesa | |
Tipo | Pasaxeiros e carga |
Fabricante | Douglas |
O Douglas DC-3 é un avión que revolucionou o transporte de pasaxeiros nos anos 30 e 40. Foi desenvolvido por un grupo de enxeñeiros encabezados por Arthur E. Raymond e voou por vez primeira en 1935.
O seu desenvolvemento debeuse en parte á competencia que representou a aparición do Boeing 247, un avión con características semellantes, cara 1933. Sen embargo, as prestacións que ofrecía o Douglas DC-3 fixérono merecedor do lugar que ocupa na historia.