Iambo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un iambo é un pé métrico usado en varias tradicións poéticas, pero fundamentalmente no verso grego e latino e na poesía anglosaxoa. Consiste na alternancia de sílabas breves e longas, ou tónicas e átonas, ao longo do verso.
[editar] Características
O ritmo iámbico da poesía grega e latina consistía na alternancia dunha sílaba breve seguida dunha sílaba longa, constante ao longo de todo o verso. Opúñase ao verso trocaico, onde a alternancia era a oposta: primeiro unha sílaba longa e logo unha sílaba breve.
Na tradición moderna anglosaxoa o esquema é semellante, pero no canto de sílabas longas e breves o que se alternan son sílabas tónicas e átonas. Polo tanto, o verso iámbico será o que combina unha sílaba átona, outra tónica, outra átona, etc., e o trocaico o que combina unha tónica, unha átona, unha tónica...
A representación habitual dun par iámbico é:
da | DUM |
Porén, para que exista unha cadencia ten que producirse unha repetición de iambos ao longo de todo o verso, ou cando menos un esquema de repetición de iambos en posicións homólogas de distintos versos da mesma composición.
O inglés e o alemán, como linguas xermánicas, acomodaron ben o ritmo acentual e que é nesas literaturas onde tivo un maior cultivo. Pola contra, as versificacións románicas se basearon fundamentalmente no número de sílabas e na rima. Pero iso non impediu que as dúas tradicións se fosen mesturando e a aparición de versos iámbicos na literatura italiana, catalá, española, portuguesa ou galega, e de formas que contaban o número de sílabas, coma o soneto en Shakespeare.
[editar] Exemplos clásicos
- 'Twas brillig, and the slithy toves
- Did gyre and gimble in the wabe. (Lewis Carroll, "Jabberwocky")
- Shall I compare thee to a summer's day? (William Shakespeare, soneto 18)
- Que din as altas copas
- de_intenso_arume_arpado. (Eduardo Pondal, Himno galego)
Aquí pode verse que a distribución en iambos se interrompe no último pé tónico, e que o queda por detrás carece de valor no que compete á métrica rítmica.