Hematoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Hematoloxía (do grego αἷμα, -ατος-, "sangue" e -λογία, "estudo") é a especialidade médica que se dedica ao tratamento dos pacientes con enfermidades hematolóxicas, para iso encárgase do estudo e investigación do sangue e dos órganos hematopoyéticos (médula ósea, ganglios línfáticos, bazo, etc) tanto sanos coma enfermos.
A hematoloxía comprende o estudio da etioloxía, diagnóstico, tratamento, pronóstico e prevención das enfermidades do sangue e órganos hemolinfoprodutores. Os médicos especialistas neste dominio son chamados hematólogos.
As enfermidades hematolóxicas afectan á produción do sangue e os seus compoñentes, coma os glóbulos vermellos, a hemoglobina, as proteínas plasmáticas, o mecanismo de coagulación (hemostasia), etc.