Hans Magnus Enzensberger
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hans Magnus Enzensberger (Kaufbeuren, 11 de novembro de 1929) é un poeta e ensaísta alemán.
Estudou Xermanística, Literatura e Filosofía nas Universidades de Erlagen, Friburgo e Hamburgo, completando a súa formación na Sorbona de París, doctorándose en 1955.
Entre 1965 e 1975 foi membro do "Grupo 47". En 1965 fundou a revista Kursbuch, e desde 1985 dirixe a colección literaria Die andere Bibliothek (A outra biblioteca).
Traballou como redactor na radio de Stuttgart e exerceu a docencia ata 1957. No ano 2002 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Índice |
[editar] Obra
[editar] Ensaio
- Política e delito.
- O curto verán da anarquía; vida e morte de Durruti (1972).
- As aporías da vangarda.
- Migallas políticas.
- Europa, Europa!.
- O diaño dos números (1997).
- A gran migración.
- Perspectivas de guerra civil.
- Mediocridade e Delirio.
- Elemento para unha teoría dos medios de comunicación (1971).
[editar] Teatro
- O filántropo.
[editar] Poesía
- Defensa dos lobos.
- Lingua do país.
- Mausoleo.
- Poesía para os que non len poesía.
- Música pura.
- O fundimento do Titanic.
- Máis lixeiro que o aire.
- Historia das nubes.
[editar] Premios
- 1956 - Hugo Jacobi.
- 1963 - Georg Büchner.
- 1985 - Heinrich Böll.
- 1993 - Erich Maria Remarque.
- 1998 - Heinrich Heine.
- 1998 - Pasolini.
- 2002 - Ludwig Börne.
- 2002 - Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades.