Humanidades
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Humanidades (do latín humanitas) son o conxunto de disciplinas relacionadas co coñecemento humano e a cultura. Distínguense das ciencias sociais no carácter ideográfico - estudo de particularidades sen crear leis ou postulados xerais – dos seus métodos de investigación.
As Humanidades están conformadas polas seguintes disciplinas de estudos:
- Arte e Historia da arte
- Literatura e Literatura comparada
- Historia
- Teoloxía e Relixión
- Filosofía
- Filoloxía
- Lingüística
- Semiótica e
- Semioloxía
É importante ter moi en claro de que a semiótica e a semioloxía forman parte da lingüística, polo tanto tamén é necesario dicir o porqué a semioloxía sitúase dentro das ciencias humanas cando esta está dentro das ciencias das sociais?
Estas tres últimas son ás veces clasificadas coas Ciencias Sociais. Nalgúns currículos universitarios, especialmente de universidades anglo saxoas, inclúese ás Ciencias da Información e á Bibliotecoloxía dentro das Humanidades.
Nalgunhas clasificacións, como no caso de Ciencias Humanas, inclúese ás Humanidades e as Ciencias Sociais nun mesmo grupo.