Hafnio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O hafnio é un elemento químico de número atómico 72 que se atopa no grupo 4 da táboa periódica dos elementos e simbolízase como Hf.
É un metal de transición, brillante, gris-prateado, quimicamente moi parecido ao circonio, atopándose nos mesmos minerais e compostos, e sendo difícil separalos. Úsase en aleacións con volframio en filamentos e en electrodos. Tamén utilízase como material de barras de control de reactores nucleares debido á súa capacidade de absorción de neutróns.