Gran Barreira de Coral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Grande Barreira de Coral é o máis grande arrecife coralino do mundo. Está situado ao longo de Queensland, en Australia. Mede 2 000 kilometros e pode ser visto desde o espazo. Está considerado como a máis grande estrutura viva sobre a Terra.
Unha grande parte do arrecife está protexida polo Great Barrier Reef Marina Park. Mais está tamén en perigo a causa da contaminación marina, o aquencemento climático e mais a pesca. Debido á súa vasta biodiversidade, as súas augas claras e mornas e á súa grande acesibilidade, o arrecife é un destino moi popular entre os submarinistas.
O primeiro explorador europeo que viu a grande barreira foi o capitán James Cook na súa viaxe en 1768. Descubriu o arrecife o 11 de xuño de 1770.
A grande barreira de coral é chamada ás veceso máis grande animal vivo do mundo; en realidade está constituida por numerosas colonias de corais.
[editar] Ameazas medioambientais
A ameaza máis significativa para o futuro da grande barreira de coral e doutros ecosistemas tropicais é o aquencemento global. Varias das especies de corais da grande barreira viven actualmente no limite superior de tolerancia á temperatura, como demostran os embranquecementos de corais dos veráns de 1998 e 2002. Baixo o efecto das augas que fican demasiado quentes durante excesivo tempo, os corais expelen os seus responsábeis da fotoíntese e perden as súas cores, deixando á vista os seus esqueletes brancos, e morren pouco despois.
As temperaturas globais acrecidas provocan treboadas tropicais máis violentas. Estes últimos anos, os restos agricolas (e produtos fitosanitarios), particularmente provenientes das explotacións de cana de azucre, teñen tido un impacto significativo. A medra do esvaimento e embranquecemento do coral teñen destruido longos sectores do arrecife.
As estrelas de mar Acantastar púrpura (Acantastar Planci) son predadores dos corais. Cando o sistema do arrecife non está en equilibrio, as poboacións de estrelas de mar poden aumentar perigosamente. Estas últimas décadas, varios sectores populares do arrecife teñen sido severemente danados polos seus ataques.
O número de visitantes do arrecife é en si mesmo un problema. Os sectores populares coma Green Island teñen sufrido danos considerábeis polos turistas.
A partir do 1 de xullo 2004, a pesca será prohibida dentro dun terzo da grande barreira de coral. Só o 4% da superficie estaba afectada pola prohibición de pescar. O ministerio australiano do medio ambiente afirma que a prohibición afectará principalmente aos pescadores de crustáceos.
[editar] Ligazóns externas
- Official site of the Great Barrier Reef Marine Park
- Scientific research centre for the Great Barrier Reef
- Photos of the Great Barrier Reef - Terra Galleria
- Australia Underwater - All about diving in Australia - includes photo gallery from all around Australia.
- Great Barrier Reef (World Wildlife Fund)
- – Canal kids – A Grande Barreira de Coral