Georges Simenon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Georges Joseph Christian Simenon (Liexa 1903 - Lausana 1989) foi un escritor belga.
Simenon procedía dunha familia acomodada limburguesa asentada en Liexa, en 1918 deixa os estudos e en 1919 comeza a traballar par o xornal conservador La Gazette de Liège, logo da morte do seu pai estableceuse en París (1922), entre 1945 e 1955 viviu nos Estados Unidos e dende 1957 residiu en Suíza.
Simenon foi un dos escritores máis prolíficos do século XX, escribía entre 60 e 80 páxinas ao día, e durante a súa vida publicou 368 novelas e máis de 200 relatos, aínda que é coñecido sobre todo polas 75 novelas 28 relatos do comisario Maigret, a primeira novela da serie, Pietr-Le-Letton apareceu en 1931 e a última, Maigret et M. Charles en 1972, as novelas de Maigret traducíronse a 55 linguas e moitas convertéronse en filmes.
Simenon tamén escribiu gran número de novelas sicolóxicas como La neige était sale (1948) ou Le fils (1957)