Freia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mitoloxía nórdica | |
---|---|
Æsir (deuses) | Andhrímnir, Balder, Bor, Bragi, Búri, Byleist, Dagr, Delling, Forseti, Heimdall, Hermod, Höder, Hœnir, Kvasir, Lodur, Magni, Meili, Modi, Odr, Odín, Ríg, Thor, Tyr, Vali, Ve, Vidar, Vile |
Ásynjur (deusas) | Bil, Eir, Frigg, Fulla, Gefjon, Gna, Hela, Hlín, Iðunn, Jord, Lofn, Nanna, Nótt, Saga, Sif, Sigyn, Sjöfn, Snotra, Sol, Syn, Var, Vor, Þrúðr |
Vanir (deuses e deusas) |
Freyr (Yngvi), Freia, Gullveig, Nerthus, Njord, Ullr, Vana |
Norns (destino) | Urd, Verdandi, Skuld |
Valquirias | Brynhildr, Göndul, Gunnr, Hildr, Hlaðgunnr, Róta, Skuld, Sigrdrífa, Sigrún, Skögul, Sváva, Þrúðr |
Elfos | Beyla, Byggvir, Dokkalfar, Volund |
Jotuns (xigantes) | Ægir, Angurboda, Baugi, Beli, Bergelmir, Bestla, Billing, Bolthorn, Bor, Elli, Farbauti, Fenja, Fjalar, Fornjót, Geirrod, Gerd, Gjalp, Greip, Gilling, Grid, Gunnlod, Gymir, Hel, Hræsvelgr, Hrod, Hrungnir, Hymir, Hyndla, Hyrrokkin, Jarnsaxa, Kari, Laufey, Loki, Mani, Menja, Modgunn, Mundilfari, Muspel, Mökkurkalfe, Narve, Olvaldi, Ragnhild, Ran, Rind, Rym, Skaði, Snær, Suttung, Surtur, Thokk, Thiazi, Thrudgelmir, Thrym, Utgardaloki, Vafthruthnir, Ymir |
Ananos | Alvis, Andvari, Berling, Brokk, Durin, Dvalin, Eitri, Fafnir, Fjalar, Galar, Gandalf, Hjuki, Hreidmar, Litr, Lofar, Nordri, Sudri, Austri and Vestri, Nyi e Nidi, Otr, Regin, Sindri |
Persoas | Adils, Agne, Ask, Aslaug, Björn Ironside, Bödvar Bjarki, Berserkers, Domalde, Draugr, Dyggve, Egil, Einherjar, Embla, Erik e Alrik, Fjölnir, Frodi, Glam, Grimhild, Gylfi, Haddingjar, Hagbard e Signy, Haki,Halfdan, Halfdan o Vello, Harald Hildetand, Hedin, Helgi Hundingsbane, Hjalmar, Hrólf Kraki, Hugleik, Hvitserk, Ingeborg, Ingjald, Jorund, Karl, Krimhild, Lif, Liftrasir, Marmennill, Nór, Ottar, Raum o Vello, Roskva, Sigar, Siggeir, Sigmund, Signy, Sigurd, Sigurd Ring, Sinfjötli, Skagul Toste, Skirnir, Sveigder, Svipdag, Thjálfi, Vanlade, werewolf, Völva, Yngvi e Alf, Yrsa |
Animais | Alsviðr, Arvak, Audhumbla, Eikthyrnir, Fenrir, Freke, Garm, Geri, Grani, Gullmani, Gullinbursti, Gullinkambi, Gulltopp, Hati, Heiðrún, Hildisvini, Hofvarpnir, Hrimfaxi, Hugin, Jörmungandr, Lindorm, Midgard, Munin, Managarm, Nidhogg, Ratatosk, Skinfaxi, Skoll, Sleipnir, Svadilfari, Sæhrímnir, Tanngnjost, Tanngrisnir, Veðrfölnir |
Lugares | Álfheim, Ásgard, Barrey, Bifrost,
Bilskirne, Breidablik, Elivagar, Eliudnir, Fensalir, Fólkvangr, Gimli, Ginnungagap, Gjallar Brigde, Gjöll, Gladsheim, Glasir, Glitnir, Gnipa, Himinbjörg, Hindarfjall, Horgr, Idavoll, Jotunheim, Ironwood, Hlidskjalf, Midgard, Muspelheim, Mirkwood, Nastrond, Niflheim, Noatun, Sessrúmnir, Singasteinn, Slidr River, Sökkvabekkr, Thrudvang, Thrymheim, Utgard, Valhall, Vanaheim, Hvergelmir, Vigrid, río Vimur, Vingolf, Ydalir, Yggdrasil |
Artefactos | Andvarinaut, Brisingamen, Draupnir, Eldhrímnir, Gand, Gjallarhorn, Gleipnir, Gram, Grotte, Gungnir, Helgrind, Helskor, Megingjord, Misteltein, Mjölnir, Naglfar, Odrörer, Þviti, Reginnaglar, Hringhorni, Skidbladnir, Tyrfing |
Culto | Blót, Horgr, Sacrificio humano, Seid, Sumbel, Templo de Uppsala, Völva, Yule |
Nome propio. Deusa nórdica do amor e da fertilidade.
Índice |
[editar] Nomes
Existen dúas grafías para o nome de esta deusa: “Freyja” e “Freya”, usadas indistintamente nas diferentes linguas xermánicas e escandinavas. En castelán, porén, a forma normalmente utilizada é a segunda, “Freya”. En galego, pódese utilizar a forma alternativa “Freia”, que respectando a fonética orixinal da palabra, adecúase máis a unha grafía propiamente galega. O seu nome significa “A Señora”.
[editar] Historia
Freia é, como tódolos Vanes, unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán Frey, deusa do amor. Asimesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as flores, as andoriñas, os cucos, as fadas e elfos, a música, etc.
Tamén é unha gran maga, experta na lectura das runas máxicas, os trances e o lanzamento de conxuros, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a Odín, a quen se dí que lle ensinou a arte do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte.
[editar] Xenealoxía
Filla do deus do vento e dos mares Njord e da xiganta Skadi, é irmá de Frey e a muller do seu amado, pero a miúdo ausente deus viaxeiro Orlorval.
[editar] Atributos
Freia, a fermosa deusa, é a miúdo representada cunha longa cabeleira loira, montada no seu carro tirado por dous gatos dos bosques (máis en concreto, gatos da raza chamada “Bosque de Noruega”). O seu símbolo é o colar “Brisingamen”, forxado polos ananos con estrelas. Tamén é coñecida por chorar lágrimas de ouro que se transforman en ámbar, pedra que a simboliza e que, ademáis, é denominada tamén “lágrimas de Freia”. Entre as súas posesións destaca, aparte do seu carro, un manto máxico de plumas que a convirte en falcón.