Franz Kafka
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Franz Kafka (Praga, 3 de xullo de 1883 – Viena, 3 de xuño de 1924) foi un dos maiores novelistas en lingua alemá e escritores de historias curtas do século XX. A maior parte dos seus traballos foron publicados postumamente. Naceu en Praga, descendente de xudeus. A súa forma de escribir segue sendo un desafío tanto para críticos coma para lectores, e os intentos de catalogar os seus traballos son xeralmente inadecuados.
Índice |
[editar] Vida
Kafka naceu o 3 de xullo de 1883, nunha familia de clase media, xermano-parlante e xudía asquenací, en Praga, Bohemia — naqueles momentos unha parte do Imperio Austrohúngaro. Seu pai era un comerciante ó por menor, chamado Hermann Kafka (1852–1931), e súa nai era Julie Kafka, nada co apelido Löwy (1856–1934). Aínda que a súa lingua nativa era o alemán, tamén aprendeu checo cando era neno, pois seu pai chegou a Praga procedente dunha comunidade xudía checo-falante da zona meridional de Bohemia, e quería que o seu fillo soubera falar fluidamente en ambas linguas. Tamén tivo algúns coñecementos de cultura e lingua francesa; un dos seus autores favoritos foi Flaubert, e tivo un afecto sentimental por Napoleón. Tivo dous irmáns, Georg e Heinrich, pero ningún deles chegou a vivir dous anos enteiros (morreron cando Kafka tiña seis), e tres irmás, Elli, Valli e Ottla. Dende 1889 a 1893, Kafka acudiu á escola elemental (Deutsche Knabenschule) no Masná St. (Fleischmarkt) en Praga e despois á escola superior no Staroměstské náměstí (localizado no Palacio Kinsky), onde finalizou o seu exame Matura en 1901. Comezou a estudiar leis na Universidade Charles de Praga, e obtivo o seu graduado en leis en 1906, traballando entón para unha axencia de seguros de accidentes laborais. Comezou a escribir de forma extraordinaria. En 1917 comezou a sufrir de tuberculose, o que requiriu frecuentes convalecencias durante as cales foi mantido pola súa familia, especialmente pola súa irmá Ottla, coa que tiña moito en común.
O asceticismo e auto-desprezo con que Kafka é asociado están ben documentados nas súas cartas e nas dos seus amigos e familiares; así e todo, precisa ser posto en contexto. Enfermidades crónicas — se foi ou non psicosomático é unha materia para o debate— xunto con tuberculose, sufriu migrañas, insomnio, estrinximento, furúnculos, e outras doenzas. Intentou contrarrestar isto cun réxime de tratamentos de naturopatía, coma unha dieta vexetariana e o consumo de grandes cantidades de leite non pasteurizada (sendo posiblemente o segundo o factor causante da súa tuberculose). O máis probable é que hoxe en día fose diagnosticado de depresión clínica, pois a súa actitude auto-crítica era esaxeradamente severa. Mentres na escola tomou un rol activo na organización de eventos sociais e literarios, facendo moito para promocionar e organizar actuacións de teatro yiddish, a pesar dos temores de incluso os seus mellores amigos coma Max Brod, que normalmente o apoiaban en todo o demais, e contrariamente ó seu medo de ser percibido coma física e mentalmente repulsivo, impresionou a outros co seu mocerío, esmero, e unha austera boa apariencia, o seu comportamento silencioso, e a súa intelixencia e singular sentido do humor.
A relación de Kafka co seu dominante pai foi un tema importante nos seus escritos. A comezos dos anos 20 tivo unha aventura amorosa coa periodista e escritora checa Milena Jesenská. En 1923 transladóuse a Berlín ca esperanza de poder distanciarse dá influencia da súa familia para concentrarse en escribir. Alí coñeceu a Dora Dymant, de 19 anos e descendente dunha familia xudía ortodoxa, que fora capaz de superar o seu pasado no barrio xudeu. Ela convertéuse na súa amante, e influenciou o interese de Kafka no Talmud.
Porén, a tuberculose de Kafka empeorou; regresou a Praga, e despois marchou para un sanatorio preto de Viena para recibir tratamento, onde morreu o 3 de xuño de 1924, aparentemente de fame (a condición de Kafka facía que tragar fora demasiado doloroso para a súa garganta, e como a terapia intravenosa non estaba aínda descuberta, non existía ningunha forma de alimentalo). O seu corpo foi levado de volta para Praga, onde foi enterrado o 11 de xuño de 1924, no Novo Cemiterio Xudeu en Žižkov (Praga).
Kafka publicou só unhas poucas historias curtas durante a súa vida, unha pequena parte do seu traballo, e consecuentemente os seus escritos atraeron pouca atención ata despois da súa morte. Antes de morreu, pedíulle ó seu amigo e testamentario literario Max Brod que destruíra todos os seus manuscritos. Dora Dymant, fielmente, destruíu os manuscritos que posuía ela, pero Brod non seguiu as instruccións de Kafka e supervisou a publicación de maior parte dos seus traballos, que pronto comezaron a atraer a atención e a mirada dos críticos. Todos os seus traballos publicados, excepto varias cartas dirixidas a Milena Jesenská, foron escritas en alemán.
[editar] Interpretación crítica
Moitos críticos intentaron razonar os traballos de Kafka interpretándoos a través de certas escolas de xuízo crítico, como a modernista, a realista máxica, entre outras. A aparente desesperación e o absurdo que parecen impregnar os seus traballos son considerados emblemáticos do existencialismo. Outros intentaron localizar influencias marxistas na súa satirización da burocracia en pezas como In the Penal Colony, The Trial, e The Castle, onde outros apuntan ó anarquismo como a inspiración do individualismo anti-burocrático de Kafka. Índa outros interpretaron os seus traballos a través do xudaismo (porque el era xudeu e tivo interese na cultura xudía, aínda que só a cultivou tarde na súa vida). Borges fixo algunhas observacións perceptivas ó respecto; tamén foi estudiado a través do freudismo (polos seus conflitos familiares), ou como alegoría da súa busca metafísica de Deus (Thomas Mann foi quen propuxo esta teoría). Temas de alienación e persecución son repetidos recalcadamente, e este énfasis, notablemente nos traballos de Marthe Robert, parcialmente inspirou o contra-criticismo de Gilles Deleuze e Felix Guattari, quenes argumentaron que existía moito máis de Kafka que o estereotipo dá figura solitaria escribindo das súas angustias, e que o seu traballo era máis deliberado, subversivo e con todo "alegre" do que parecía ser. Os biógrafos teñen dito que era común en Kafka ler capítulos dos libros nos que traballaba ós seus amigos próximos, e que esas lecturas xeralmente facíanos concentrar, no continuo, pero que moitas veces ignoraban o lado humorístico da súa prosa. Milan Kundera refírese ó humor esencialmente surrealista de Kafka como o principal predecesor de artistas posteriores como Federico Fellini, Gabriel García Márquez, Carlos Fuentes e Salman Rushdie. Márquez dixo que a lectura de A metamorfose de Kafka mostroulle "que era posible escribir dunha forma diferente".
[editar] Edicións en galego
Nacido na Praga do Imperio Austrohúngaro e morto novo en Kierling, Viena, as súas obras máis coñecidas son A metamorfose e O proceso, que foron as primeiras que se traduciron ó galego. Este contexto marca os ambientes e situacións paradoxais e metafóricas dos seus textos, herdeiros e contemporáneos do surrealismo e do existencialismo. A súa importancia na literatura universal por este motivo fai que xa parte da súa obra estea traducida ó galego, e en concreto as dúas mencionadas foron as primeiras en :
- (1991) A metamorfose, seguido de A sentencia, traducido por Xosé M. García Álvarez en edición de Sotelo Blanco (ISBN 84-7824-108-6)
- (2003) O proceso, traducido por Luís Fernández Rodríguez en edición de Sotelo Blanco (ISBN 84-7824-434-4)
Ademais, as seguintes recompilacións de relatos están publicadas en Galaxia coa colaboración de Caixa Galicia (na súa loable colección de Clásicos Universais) e son narracións breves (algunhas de só uns parágrafos) en base á tradución do orixinal alemán outra vez por parte de Luís Fernández:
NARRACIÓNS COMPLETAS I: UN MÉDICO DE ALDEA (ISBN 8482887149)
- O desexo de ser indio
- O rexeitamento
- As árbores
- Vestidos
- O comerciante
- Camiño de volta a casa
- Ollando distraidamente a rúa
- Os transeúntes
- O pasaxeiro
- Para a reflexión dos xinetes
- Infelicidade
- Excursión á montaña
- Nenos da estrada
- Desenmascaramento dun estafador
- A ventá sobre a rúa
- O mundo urbano
- O gran ruído
- A infelicidade do solteiro
- Paseo imprevisto
- Decisións
- A sentenza
- Ante a lei
- "Na colonia penal". Alegato contra a pena de morte.
- O mestre de aldea
- "Un ambicioso estudante novo"
- "Blumfeld, un solteirón"
- Un soño
- Na galería
- Un médico de aldea
- Un fratricidio
- A ponte
- Textos para o tema do cazador Gracchus
- O xinete do cubo
- Chacais e árabes
- O novo avogado
- "Onte veu onda min unha debilidade"
- "Debería..."
- Sobre a construción da muralla chinesa
- Un vello manuscrito
- "Era un caloroso día de verán"
- Once fillos
- "O meu negocio"
- Un cruzamento
- Informe para unha Academia e outros textos sobre o tema de Pedro o Vermello
- Unha visita á mina
- A aldea máis próxima
- A preocupación do pai de familia
NARRACIÓNS II: O ARTISTA DA FAME (ISBN 8482888501)
- "K. era un gran prestidixitador"
- Lámpadas novas
- Unha confusión cotiá
- "A verdade sobre Sancho Panza"
- "O silencio das sereas"
- "Unha sociedade de canallas"
- "Hospedado na casa dos mortos"
- "De noite"
- "A nosa vila"
- Sobre a cuestión das leis
- "O recrutamento das tropas"
- "Poseidón"
- "Un grupo"
- "O escudo da cidade"
- "O temoneiro"
- Consolidación
- "A proba"
- "O voitre"
- "Unha pequena fábula"
- "A buxaina"
- "A partida"
- Primeira dor
- "O avogado"
- Un artista da fame
- "Na nosa sinagoga"
- "Había unha vez un xogo de paciencia..."
- "Investigacións dun can"
- O matrimonio
- Un comentario
- "Das metáforas"
- "Regreso ao fogar"
- "O tobo"
- Unha mulleriña
- Xosefina a cantante, ou o pobo dos ratos
(Os textos entre comiñas teñen coma título as primeiras verbas da narración)
[editar] Kafka no cine
- Orson Welles escribiu e dirixiu unha adaptación de O proceso en 1962 protagonizada por Anthony Perkins. Welles consirábaa a súa mellor película.
- En 1991 foi estreada unha película protagonizada por Jeremy Irons interpretando a Kafka. Dirixida por Steven Soderbergh, mestura a súa vida e ficción, amosando unha presentación semi-biográfica da vida de Kafka e os seus traballos. A historia mostra a Kafka investigando a desaparición dun dos seus compañeiros de traballo. O argumento leva a Kafka a través de varias das suas propias obras, sendo as máis notables O castelo e O proceso.
- Franz Kafka's 'It's a Wonderful Life' (1993) é un curtometraxe escrito e dirixido por Peter Capaldi e protagonizado por Richard E. Grant no papel de Kafka. O film mestura A metamorfose con ¡Que belo é vivir! de Frank Capra, con resultados extremadamente amenos.
- Outra película de 1993 retratou O proceso, protagonizada por Kyle MacLachlan nunha versión de J.K. como 'yuppie' obsesionado por si mesmo, con Anthony Hopkins nunha aparecendo nun cameo sobreanunciado.
- Metamorphosis, 1987 http://imdb.com/title/tt0093530/
- Die Verwandlung (1975) http://imdb.com/title/tt0174019/
- Förvandlingen (1976/I) http://imdb.com/title/tt0074561/
- La Metamorfosis de Franz Kafka en Youtube, dirixida por Carlos Atanes (1993)
- Prevrashcheniye (2002) http://imdb.com/title/tt0328279/
- Menschenkörper [1] (2004)http://imdb.com/title/tt0411641/
[editar] Véxase tamén
- 3412 Kafka, un asteroide nomeado en honor ó autor.
- Max Brod
[editar] Ligazóns externas
- The Kafka Project Proxecto iniciado en 1998 có propósito de publicar en línea todos os textos de Kafka en alemán, na forma dos manuscritos
- Franz Kafka