Francis Baily
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francis Baily (Newbury, Berkshire 1774 – Londres 1844) foi un astrónomo inglés.
Entre 1796 e 1797 viaxou por América do Norte, en 1799 entrou na Bolsa de Londres e escribiu libros de economía como Tables for the Purchasing and Renewing of Leases (1802), The Doctrine of Interest and Annuities (1808) e The Doctrine of Life-Annuities and Assurances (1810). Fíxose rico e dende 1825 dedicouse á astronomía; xa en 1820 fora un dos fundadores da Real Sociedade Astronómica epreparou o Catalogue of 2881 stars en 1827. A el debéuselle a reforma do Nautical Almanach en 1839 e o comezo das expedicións para observar eclipses solares.