Eclipse solar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha eclipse solar ou eclipse de sol ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñados, coa Lúa no medio. Visto desde a Terra, a Lúa fica en fronte do sol, e así parte ou toda a luz do Sol é encuberta pola lúa.
Índice |
[editar] Tipos de eclipses solares
Hai catro tipos de eclipses solares:
- A eclipse solar parcial
- soamente unha parte do sol é ocultada polo disco lunar
- A eclipse solar total
- toda a luminosidade do Sol é escondida pola Lua
- A eclipse en anel ou eclipse anular
- un anel da luminosidade solar pode ser vista ao redor da lúa (provocado polo feito de a sombra da Lúa non estar atinxindo a superficie da Terra, o que pode acontecer se a Lúa estiver próxima do seu afelio. Isto é similar á ocorrencia do eclipse penumbral da lúa.
- A eclipse híbrida
- cando a curvatura da Terra fai que a eclipse sexa observada como anular nalgúns sitios e total noutros. A eclipse total é vista nos puntos da superficie terrestre que están ao longo do camiño da eclipse e están fisicamente máis próximos á Lúa, e poden, así, ser atinxidos pola sombra; outros lugares, menos próximos da Lúa debido á curvatura da Terra, caen na antumbra da lúa, e observan unha eclipse anular.
O termo "eclipse" para o do sol non é exacto. O fenómeno é, estritamente, unha ocultación: unha "eclipse" acontece cando un corpo celeste pasa pola sombra producida por outro (como na eclipse de Lúa). Unha "ocultación" ten lugar cando un corpo pasa por diante doutro. Cando a Lúa pasa por diante de, ou oculta, o Sol, tal e como se ve desde a Terra, a Lúa tamén produce unha pequena sombra na Terra. Unha "ocultación" do Sol é, polo tanto, tamén unha "eclipse" parcial de Terra.
As eclipses solares poden acontecer apenas durante a fase de Lúa Nova, por ser o período en que a Lúa está posicionada entre a Terra e o Sol.
[editar] Causa e frecuencia das eclipses
As eclipses do Sol acontecen cando a Lúa se aliña co Sol e a Terra, mais debido á orbita elíptica da Lúa, non sempre o Sol é totalmente cuberto pola Lúa.
Unha eclipse do Sol pode ser vista apenas nun punto da Terra, que se move debido á rotación da Terra e da traslación da Lúa. A distancia da Lúa en relación á Terra determina a cantidade de luz que é cuberta do Sol, ben como a anchura da penumbra e escuridade total (máis ou menos 100 quilómetros). Esa anchura estará no máximo se a Lúa aparece no perixeo, durante o cal a anchura pode atinxir até 270 km.
As eclipses totais do sol son eventos relativamente raros. Malia aconteceren nalgún lugar da Terra cada 18 meses, estímase que recaen (isto é, dúas veces) nun lugar dado apenas cada 300 ou 400 anos. Após un longo tempo esperando, a eclipse total do Sol dura apenas alguns minutos, dado que a sombra da Lúa se move cara ao leste a máis de 1700 km/h. A escuridade total non dura máis que 7 min 40 s. Cada milenio teñen lugar menos de 10 eclipses totais do Sol que sobrepasan máis de 7 min de duración. A última vez que iso aconteceu foi o 30 de xuño de 1973, e a próxima producirase o 25 de xuño de 2150. A eclipse total do sol máis longa durante un período total de 8000 anos (entre 3000 a.C. e 5000) ocorrerá o 16 de xullo de 2186, cun tempo total de 7 minutos e 29 segundos.
Para os astrónomos, unha eclipse total do Sol é unha rara oportunidade de observar a coroa solar (a capa externa do Sol). Normalmente, a coroa solar non é visíbel a ollo nu debido ao feito de que a fotosfera é moito mais brillante do que a coroa solar.
[editar] Cálculo da data
Sabendo o día e a hora dun eclipse solar, pódense prever outras eclipses usando o ciclo de eclipses. Dous ciclos de eclipses ben coñecidos son os de Saros e o de Inex. O de Saros é probabelmente o máis coñecido. O ciclo Inex é por si mesmo un ciclo máis pobre, mais é bastante cómodo para a clasificación das eclipses solares. Após o término dun ciclo de Saros, un novo Saros comeza un Inex despois (de aí o seu nome: in-ex).
[editar] Observación dunha eclipse solar
- Nunca olle directamente para o sol sen utilizar o equipamento de seguranza adecuado, mesmo durante unha eclipse, pois iso pode causar danos permanentes á sua retina, e afectar seriamente a visión!
A maneira mellor e máis segura de visualizar unha eclipse do sol, ou algún outro evento solar, é vía proxección indirecta. Isto pódese facer proxectando unha imaxe do sol sobre unha pantalla branca (que pode ser uma folla de papel ou cartón, o chan, ou unha parede) utilizando um par de binóculos normais, cunha das lentes cobertas, um telescopio, ou un pedazo de cartón cun furado pequeno feito cunha agulla de un milímetro de diámetro. A imaxe proxectada do Sol de calquer desas maneiras pode ser ollada sen problemas.
Apesar de non recomendarse, pódese observar directamente o sol utilizando equipamentos apropiados que dean garantía de seguranza. Pódense adquirir filtros para a observación solar, feitos especialmente, nalgúns planetarios e observatorios. Outra opción é o vidro afumado cun degrau de opacidade de 14 ou máis, como os que se usan en soldadura. Tamén hai que utilizar filtros para protexer as cámaras.
Resulta perigoso observar através de materiais "caseiros", como filmes fotográficos, CDs ou embalaxes de plástico metalizado, que non ofrecen nengunha protección contra a radiación ultravioleta, que é a que pode causar danos na retina. O maior perigo está no período de máxima escuridade, cando a falta de luz (catro veces menos do que o brillo dunha lúa chea) fai que a pupila se dilate e permita pasar máis luz. É o período en que a coroa solar se torna visíbel e o seu brillo repentino pode causar danos irreversíbeis.
[editar] Eclipses na historia
Unha eclipse dupla (solar e lunar) aconteceu 23 anos após a ascensión do Rei Shulgi da Babilonia. Aconteceu o 9 de maio (eclipse solar) e o 24 de maio (eclipse lunar) de 2138 a.C.. Porén, tal identificación é menos aceptada do que a eclipse de 763 a.C. A eclipse do 16 de xuño do 763 a.C., mencionada nun texto asirio, resulta fundamental para a cronoloxía do Oriente Próximo.
O 4 de xuño de 780 a.C. recolleuse unha eclipse solar na China.
Herodoto escribiu que Tales de Mileto prediciu unha eclipse que tivo lugar durante a guerra entre os medas e os lidios. Os soldados dos dous bandos depuxeron as armas e declararon a paz. Non existe certeza sobre que eclipse foi, aínda que unha que ten bastantes probabilidades é a do 28 de maio de 585 a.C., posibelmente preto do río Halis, na Anatolia.
Herodoto menciona tamén unha eclipse anular do sol o 17 de febreiro do 478 a.C., cando Xerxes partía para a súa expedición contra Grecia, así como outra, observada en Esparta ao ano seguinte, o 1 de agosto.
[editar] Outras circunstancias
[editar] Eclipse solar causada pola Lúa simultánea a un tránsito dun planeta
En principio, a ocorrencia simultánea dunha eclipse solar causada pola Lua e o tránsito dun planeta (Mercurio ou Venus]]) é posíbel. Mais tales eventos son extremadamente raros. Estímase que o próximo evento deste tipo acontecerá o 5 de xullo de 6757, cunha eclipse solar e outra causada pola interferencia de Mercurio, e doutra eclipse solar dupla causado pola Lúa e por Venus o 15 de abril de 15232.
Apenas cinco horas após unha eclipse causada por Venus o 4 de xuño de 1769 houbo outra eclipse total do Sol, causada pola Lúa, que foi visíbel na América do Norte, Europa e o norte da Asia. O tempo entre as dúas eclipses é o menor dos rexistrados, entre dúas eclipses causadas unha pola Lúa e outra por un planeta.
[editar] Eclipses solares por satélites artificiais
Os satélites artificiais pódense tamén aliñar entre a Terra e o Sol, nun instante dado da súa órbita. Porén, tales eventos son dificilmente notados, dada a pequena zona de escuridade creada polo satélite, que pasa en fronte do Sol nun segundo.
[editar] As eclipses solares máis longas entre o ano 0 e o 3000
[editar] Eclipses totais do sol
Data | Duración |
16 de xullo de 2186 | 7m29s |
5 de xullo de 2168 | 7m26s |
27 de xuño de 363 | 7m24s |
27 de xullo de 2204 | 7m22s |
8 de xullo de 381 | 7m22s |
9 de xuño de 1062 | 7m20s |
20 de xuño de 1080 | 7m18s |
16 de xuño de 345 | 7m17s |
3 de xuño de 699 | 7m16s |
13 de xuño de 717 | 7m15s |
1 de xuño de 132 | 7m14s |
24 de xuño de 2150 | 7m14s |
29 de maio de 1044 | 7m12s |
25 de xuño de 2522 | 7m12s |
12 de xuño de 150 | 7m12s |
19 de xullo de 399 | 7m11s |
3 de xullo de 2885 | 7m11s |
14 de xuño de 2504 | 7m10s |
23 de xuño de 2867 | 7m10s |
23 de maio de 681 | 7m09s |
20 de xuño de 1955 | 7m08s |
8 de Agosto de 2222 | 7m06s |
22 de maio de 114 | 7m05s |
1 de xullo de 1098 | 7m05s |
8 de xuño de 1937 | 7m04s |
30 de xuño de 1973 | 7m04s |
5 de xullo de 2540 | 7m04s |
16 de xullo de 2903 | 7m04s |
6 de xuño de 327 | 7m03s |
22 de xuño de 168 | 7m02s |
25 de xuño de 735 | 7m02s |
12 de xuño de 2849 | 7m00s |
A eclipse solar de maior duración na fase de total escuridade nunha eclipse total do Sol no século XXI acontecerá o 22 de xullo de 2009, con 6m 39s.
[editar] Eclipses anulares do Sol
Data | Duración |
7 de decembro de 150 | 12m24s |
25 de novembro de 132 | 12m16s |
17 de decembro de 168 | 12m15s |
14 de decembro de 1955 | 12m09s |
14 de xaneiro de 3080 | 12m09s |
24 de xaneiro de 3098 | 12m05s |
24 de decembro de 1973 | 12m03s |
25 de decembro de 1628 | 12m02s |
2 de decembro de 1937 | 12m00s |
A eclipse solar anular de maior duración na fase anular dunha eclipse anular do Sol no século XXI acontecerá o 15 de xaneiro de 2010, com 11m08s. A eclipse anular do 3 de outubro de 2005 foi visíbel desde Galiza.
[editar] Véxase tamén
- Efecto Allais
[editar] Ligazóns externas
- Páxina sobre eclipses da NASA (en inglés)
- Fotografias:
- Atlas Mundial de percorridos dos eclipses solares por Fred Espenak (en inglés)