Fly-by-wire
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fly-By-Wire, ou Voo-Por-Cables, é un sistema de control de voo que consiste en controlar de maneira remota un proxectil, avión ou nave a través dun aramio que transporta datos de control de voo. O sistema consiste nas superficies de control de voo, o sistema de manexo na cabina de control, o enlace físico e os mecanismos necesarios para controlar unha aeronave en voo. É necesario diferenciar entre os sistemas aeronáuticos dispoñibles para civís e do sistema do mesmo nome utilizado pola milicia para controlar mísiles de curto alcance. Este artigo refíerese a esta última definición.
O sistema de voo por cable utilizado pola milicia consiste nun mísil, lanzado por medios convencionais, que queda unido á súa plataforma lanzadora através de un par de alamios, os cales permítenlle ao operador controlar as superficies de control, de xeito que é posible guiar ao mísil cun grao de exactitude considerable cara o seu obxectivo. O sistema é de curto alcance, cunha distancia de 500 a 1500 metros dende a súa base. Xeralmente o mísil conta cunha cámara que lle permite ao operador verificar a súa dirección de voo.
As vantaxes deste sistema son inmellorables, dado que, ao estar o sistema de control fóra do mísil, este non ten que ser intelixente, sendo máis económico; o inimigo non pode bloquear nin interceptar os sinais do operador; e a súa exactitude é comparable ao do operador que o manxje. Sen embargo, o mísil debe de ser forzosamente de alcance curto, xa que dous aramios deben despregarse xunto con el.