Espectro electromagnético
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Espectro electromagnético é o intervalo completo da radiación electromagnética, que contén desde as ondas de radio, pasando polas microondas, o infravermello, a luz visible, os raios ultravioleta, os raios X, ata a radiación gama.
Falar de espectro referíndose a un fenómeno ondulatorio como o é a radiación electromagnética (EM), significa falar en termos de frecuencia de oscilación, longura de onda ou enerxía de fotón. Así o espectro electromagnético é un mapa, unha clasificación da radiación EM segundo estes parámetros.
Por outra banda o espectro EM pódese clasificar do mesmo xeito con calquera destes tres parámetros, que gardan unha relación de proporcionalidade entre eles. Deste xeito tense que,
onde ν é a frecuencia medida en Herzios (HZ), λ é a longura de onda medida en múltiplos e submúltiplos do metro, E é a enerxía medida en Joule (J) -aínda que se adoita ofrecer tamén, por simplicidade, en electrón-voltios (eV)-, e finalmente h é a constante de Planck.
Zona Espectral | Longura de onda (m) | Frecuencia (Hz) | Enerxía (J) |
---|---|---|---|
Raios gamma | < 10 pm | >30.0 EHz | >19.9E-15 J |
Raios X | < 10 nm | >30.0 PHz | >19.9E-18 J |
Ultravioleta Extremo | < 200 nm | >1.5 PHz | >993E-21 J |
Ultravioleta Próximo | < 380 nm | >789 THz | >523E-21 J |
Luz Visíbel | < 780 nm | >384 THz | >255E-21 J |
Infravermello Próximo | < 2.5 um | >120 THz | >79.5E-21 J |
Infravermello Medio | < 50 um | >6.00 THz | >3.98E-21 J |
Infravermello Afastado/submilimétrico | < 1 mm | >300 GHz | >199E-24 J |
Microondas | < 30 cm | >1.0 GHz | >1.99e-24 J |
Ultra Alta Frecuencia (UHF) -Radio | <1 m | >300 MHz | >1.99e-25 J |
Moi Alta Frecuencia (VHF) Radio | <10 m | >30 MHz | >2.05e-26 J |
Onda curta (SW) - Radio | <180 m | >1.7 MHz | >1.13e-27 J |
Onda Media (MW) Radio | <650 m | >650 kHz | >4.31e-28 J |
Onda Longa (LW) Radio | <10 km | >30 kHz | >1.98e-29 J |
Moi Baixa Frecuencia (VLF, ULF, ELF, SLF)) Radio | >10 km | <30 kHz | <1.99e-29 J |
Espectro electromagnético |
---|
Ondas de radio | Microondas | Infravermello | Espectro visible | Ultravioleta | Raios X | Raios gamma |
Espectro visible(luz): Vermello | Laranxa | Amarelo | Verde | Azul | Violeta |