Escala de Mohs
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A escala de Mohs é utilizada para medir a dureza das sustancias sólidas. En xeoloxía é utilizada para medir a dureza dos minerais. Foi proposta por Friedrich Mohs e baséase na resistencia dun mineral a ser raiado por outro.
Mohs, que era xeólogo, escolleu 10 minerais ós que atribuíu un determinado grao na súa escala comezando polo talco ó que lle deu o número 1 e rematando polo diamante ó que lle deu o 10.
A táboa é a seguinte:
Dureza | Mineral | Formula química |
---|---|---|
1 | Talco (pódese raiar facilmente coa unlla). | Mg3Si4O10(OH)2 |
2 | Xeso (pódese raiar con certa dificultade coa unlla). | CaSO4·2H2O |
3 | Calcita (pódese raiar cunha moeda de cobre). | CaCO3 |
4 | Fluorita (pódese raiar facilmente cun coitelo). | CaF2 |
5 | Apatito (pódese raiar con certa dificultade cun coitelo). | Ca5(PO4)3(OH-,Cl-,F-) |
6 | Ortoclasa (pódese raiar cunha lixa de aceiro). | KAlSi3O8 |
7 | Cuarzo (raia ó vidro). | SiO2 |
8 | Topacio (é raiado polo corindón). | Al2SiO4(OH-,F-)2 |
9 | Corindón (zafiros e rubíes son variedades de corindón). | Al2O3 |
10 | Diamante (o mineral natural máis duro). | C |
Por non gardar a mesma proporción entre intervalos, establecéronse outros métodos para medir a dureza das sustancias sólidas. Aínda que en xeoloxía todavía séguese a usar, por ser un método simple e efectivo.