El Greco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Doménikos Theotokópoulos (1541–7 de abril, 1614) (do grego Δομήνικος Θεοτοκόπουλος), coñecido universalmente como El Greco ("O Grego"), foi un pintor, escultor e arquitecto do Renacemento, de orixe grega e que traballou principalmente en España. As súas obras, xunto coas de Velázquez, Goya, Picasso e Dalí constitúen o epítome da pintura española de tódolos tempos.
El Greco adoitaba asinar as súas pinturas con letras gregas co seu nome completo, Doménicos Theotokópoulos subliñando así a súa ascendencia grega.
Creta formaba parte naquel tempo de Venecia; aos 26 anos viaxou á mesma Venecia para estudar. En 1570 trasladouse a Roma, onde abriu un taller. Durante a súa estancia en Italia, El Greco enriqueceu o seu estilo con elementos do renacemento veneciano e do manierismo. En 1577 estableceuse na cidade de Toledo (España), onde viviu e traballou ata a súa morte.
É coñecido sobre todo polas súas figuras tortuosamente elongadas e dunha pigmentación a miúdo fantástica ou pantasmagórica, casando as tradicións bizantinas coas da civilización occidental.
Índice |
[editar] Biografia
[editar] Primeiros anos e familia
Naceu en 1541 na localidade de Fodele ou, máis probablemente, en Candía, actual Heraklion, capital de Creta, que desde 1351 era posesión da Serenísima República de Venecia. Crese que descendía dunha próspera familia urbana, que probablemente fora expulsada de La Canea despois do alzamento contra os venecianos entre 1526 e 1528 e estableceuse en Candía. Seu pai, Geórgios Theotocópoulos († 1556), era un comerciante e recadador de impostos. O seu irmán maior, Manoússos Theotokópoulos (1531 – 13 de decembro de 1604), era un rico comerciante e pasou os seus últimos días (1603–1604) na casa toledana do Greco.
Doménikos estudou pintura na súa illa natal, converténdose en pintor de iconas. Estaban probablemente pintadas no antigo estilo bizantino aínda vixente na Creta daqueles tempos.
Foi un home cultivado e de gran erudición, polo que na súa mocidade debeu ler aos clásicos (en grego antigo e latín) e aos contemporáneos; á súa morte deixou unha gran biblioteca. En 1563, aos vinte e dous anos, El Greco era descrito nun documento como "mestre Domenigo", o que significa que xa desempeñaba oficialmente a profesión de pintor. En xuño de 1566, asinou como testemuña nun contrato co nome Mestre Menégos Theotokópoulos, pintor. Recentemente identificouse un dos seus traballos, Morte da Virxe, na Igrexa da Dormición (Koimesis tis Theotokou), en Siros, outra proba de que xa en Creta era considerado un mestre pintor.
É unha cuestión controvertida determinar se El Greco foi bautizado dentro da Igrexa católica ou ben era un ortodoxo grego. No seu testamento descríbese a si mesmo como un «devoto católico», polo que algúns autores cren que formaba parte da minoría católica cretense ou que se converteu ao catolicismo romano antes de abandonar a illa. Outros eruditos, en cambio, baseándose nunha extensa investigación archivística que comezou sobre 1960, tales como Nikolaos Panayotakis, Pandelis Prevelakis e Maria Constantoudaki, insisten en que a familia do Greco e os seus antepasados eran ortodoxos gregos. Subliñan que un dos seus tíos era un sacerdote ortodoxo, e que o seu nome non se atopa mencionado nos arquivos católicos bautismais de Creta.
[editar] En Italia
Ir a Venecia era habitual en mozos que desexaban unha educación máis ampla. Por iso, como cidadán veneciano era natural que o mozo O Greco continuase os seus estudos en Venecia.[1]Aínda que o ano exacto non está claro, a maior parte dos estudiosos coinciden en que O Greco marchou a Venecia ao redor de 1567. Viviu en Venecia ata 1570 e, segundo unha carta escrita polo miniaturista croata, Giulio Clovio, traballou no taller de Tiziano, quen por entón pasaba dos oitenta anos pero aínda estaba en activo. Clovio caracterizou ao Greco como «un raro talento da pintura».[2] Entre as obras máis coñecidas do seu período veneciano atópase a Curación do nado cego (Parma, Galería Nacional), na que se percibe a influencia de Tiziano en canto ao tratamento da cor. Respecto da composición de figuras e a utilización do espazo, a influencia de Tintoretto é notable. Como se observa, O Greco era discípulo dos dous grandes mestres do Alto Renacemento. Outra obra da mesma época é A expulsión dos mercadores do templo (h. 1570-1572, Wáshington).
Logo o pintor abandonou Venecia e encamiñouse á Cidade Eterna, onde permaneceu seis anos.
A diferenza doutros artistas cretenses que se trasladaron a Venecia, O Greco alterou substancialmente o seu estilo e buscou distinguirse inventando interpretacións novas e inusuais de temas relixiosos tradicionais.R.G. Mann, Tradition and Originality in O Greco's Work, 89 As súas obras pintadas en Italia recibiron a influencia do estilo renacentista veneciano, con figuras áxiles e alargadas que recordan a Tintoretto e un marco cromático que o conecta con Ticiano. Os pintores venecianos tamén lle ensinaron a organizar composicións con múltiples figuras en paisaxes vibrantes de luz atmosférica. Clovio narrou visitar ao Greco un día de verán mentres o artista aínda se atopaba en Roma. Estaba sentado nunha habitación ás escuras, porque atopaba a escuridade máis apropiada para pensar que a luz do día que lle perturbaba a súa «luz interior».M. Acton, Learning to Look at Paintings, 82
Como resultado da súa estancia en Roma, as súas obras enriquecéronse con elementos do manierismo talles como violentos puntos de fuga na perspectiva ou estrañas actitudes nas figuras, alargadas e retorcidas con tempestuosos xestos. Tamén en Roma recibiu o seu alcume (Il Greco, "O Grego") co que pasaría á historia, así como a influencia da escultura de Miguel Anxo, evidente en obras como a Pietà (1570-1572, Nova York, Hispanic Society) ou o San Sebastián da catedral de Palencia (h. 1577).
Cando O Greco chegou a Roma, Miguel Anxo e Rafael estaban mortos, pero a súa influencia continuaba sendo de suma importancia e non permitía formulacións diferentes. Aínda que a herdanza artística destes grandes mestres resultaba abafadora para os novos pintores, O Greco estaba decidido a destacarse en Roma defendendo os seus puntos de vista artísticos persoais, as súas ideas e o seu estilo [3] Alababa en particular a Correggio e Parmigianino,[4] pero non dubidaba en rexeitar o Xuízo Final de Miguel Anxo na Capela Sixtina. Propuxo ao Papa Pío V que el podía repintar o Xuízo Final para adecualo ás ideas da Contrarreforma [5] Cando máis tarde lle preguntaron o que opinaba sobre Miguel Anxo, O Greco replicou que «era un bo home, pero non sabía pintar» [6] E velaquí o paradoxo: dise que O Greco reaccionou fortemente contra Miguel Anxo, ata o condenou, pero lle foi imposible subtraerse á súa influencia [7]A influencia de Miguel Anxo pode verse en obras posteriores do Greco como a Alegoría da Liga Santa.[8] Ao pintar retratos de Miguel Anxo, Ticiano, Clovio e, presumiblemente, Rafael nunha das súas obras (A purificación do Templo), O Greco non só expresou a súa gratitude, senón que adiantou a súa pretensión de rivalizar con estes mestres. Como indican os seus propios comentarios, O Greco vía a Tiziano, Miguel Anxo e Rafael como modelos a emular. Nas súas Crónicas do século XVII, Giulio Mancini inclúe ao Greco entre os pintores que iniciaran, en varios sentidos, unha re-avaliación dos ensinos de Miguel Anxo.[9] A influencia de Miguel Anxo pode verse en obras posteriores do Greco como a Alegoría da Liga Santa.L. Boubli, Michelangelo and Spain, 217 Ao pintar retratos de Miguel Anxo, Ticiano, Clovio e, presumiblemente, Rafael nunha das súas obras (A purificación do Templo), O Greco non só expresou a súa gratitude, senón que adiantou a súa pretensión de rivalizar con estes mestres. Como indican os seus propios comentarios, O Greco vía a Tiziano, Miguel Anxo e Rafael como modelos a emular. Nas súas Crónicas do século XVII, Giulio Mancini inclúe ao Greco entre os pintores que iniciaran, en varios sentidos, unha re-avaliación dos ensinos de Miguel Anxo.[9]
Entre as principais obras do seu período romano atópanse, ademais da mencionada Purificación do Templo, gran cantidade de retratos, como o Retrato de Giulio Clovio (1570-1575, Nápoles) ou do gobernador de Malta Vincentio Anastagi (h. 1575, Nova York, F.C.). En Roma executou unha serie de obras profundamente marcadas pola súa aprendizaxe veneciano. Seguen a tradición veneciana: O soplón (h. 1570, Nápoles, Capodimonte) e a Anunciación (h. 1575, Madrid, Prado).
Deste período son os profundos estudos do Greco sobre a arquitectura romana, que utilizou para dar estabilidade aos seus cadros inserindo con frecuencia neles edificios e estruturas do Renacemento. En Roma, O Greco foi recibido como invitado no fabuloso palacio do Cardeal Alejandro Farnesio, onde o novo pintor cretense entrou en contacto coa elite intelectual da cidade. Relacionouse co erudito romano Fulvio Orsini, cuxa colección incluiría máis adiante sete pinturas do artista (Vista do Monte Sinaí e un retrato de Clovio están entre elas) Debido ás súas ideas artísticas pouco convencionais (talles como o seu rexeitamento á técnica de Miguel Anxo) e a súa personalidade, pronto adquiriu inimigos en Roma. O arquitecto e escritor Pirro Ligorio consideroulle un «bobo estranxeiro». Material de arquivo recentemente descuberto revela unha discusión co cardeal Farnesio, quen obrigou ao novo artista a abandonar o seu palacio [9] O 6 de xullo de 1572, O Greco queixouse oficialmente deste feito. Uns meses máis tarde, o 18 de setembro de 1572, O Greco pagou as súas cotas á Academia de San Lucas como pintor de miniaturas. Ao final dese ano, O Greco abriu o seu propio taller e contratou como axudantes aos pintores Lattanzio Bonastri de Lucignano e Francisco Preboste.Non se sabe canto tempo máis permaneceu en Roma, posiblemente puido regresar a Venecia (h. 1575–1576)antes de marchar a España.[10]
[editar] Notas
- ↑ Erro no código da cita Etiqueta non válida
<ref>
; non se forneceu texto para as refs de nomeBr
; $2 - ↑ M. Lambraki-Plaka, El Greco—The Greek, 42
- ↑ M. Scholz-Hänsel, El Greco, 20
* M. Tazartes, El Greco, 31–32 - ↑ M. Kimmelmann, El Greco, Bearer Of Many Gifts
- ↑ M. Scholz-Hänsel, El Greco, 20
- ↑ M. Lambraki-Plaka, El Greco—The Greek, 47–49
- ↑ A. Braham, Two Notes on El Greco and Michelangelo, 307–310
* J. Jones, The Reluctant Disciple - ↑ L. Boubli, Michelangelo and Spain, 217
- ↑ 9.0 9.1 9.2 M. Tazartes, El Greco, 32
- ↑ A.L. Mayer, Notes on the Early El Greco, 28
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas