Edward Emerson Barnard
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Edward Emerson Barnard (16 de decembro de 1857 - 6 de febreiro de 1923) foi un astrónomo norteamericano.
Naceu en Nashville, o seu pai morreu antes do nacemento e non recibiu educación formal. Aos nove anos converteuse en axudante dun fotógrafo.
Desenvolveu interese pola astronomía e en 1881 descubriu o seu primeiro cometa, seguiu descubrindo máis cometas nos anos seguintes e os astrónomos afeccionados de Nashville recolleron fondos para que puidera estudar na Universidade de Vanderbilt, graduouse en 1887 e entrou a traballar no observatorio de Lick.
En 1892 observou unha nova e foi o primeiro en observar as emisións gasosas, deducindo que era unha explosión estelar. Nese ano descubriu Amaltea, o quinto satélite de Xúpiter.