Eärendil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eärendil é un personaxe de ficción de J.R.R. Tolkien, unha das figuras máis importantes do seu lexendario. A súa historia explícase n'O Silmarillion e atópanse referencias n'O Señor dos Aneis.
Eärendil naceu e medrou na cidade do seu avó Turgon, Gondolin. Cando tiña sete anos fuxiu do saqueo de Gondolin por Morgoth cos seus pais, refuxiándose nos Goles do Sirion, e co tempo converteuse no líder dos refuxiados alí instalados. Casou con Elwing, filla de Dior e neta de Beren e Luthien, tiveron dous fillos en común: Elrond e Elros
Coa axuda de Aixa vai construír un navío para navegar polas costas da Terra Media, os fillos de Fëanor van aproveitar unha desas saídas para atacar a súa xente. Ó saber da noticia, Eärendil decidiu navegar ata Valinor, converténdose no primeiro mortal en chegar ata aló, vaise presentar ante os Valar ofrecéndolle un Silmaril como tributo e vaille suplicar que interveña na loita dos homes e os elfos en contra de Morgoth. Os valar aceptan a demanda e van recompensar á familia co don de poder decidir a cal das dúas liñaxes querían pertencer, Elwing, Eärendil e Elrond escoller ser contados como elfos mentres Elros elixe ser home. Na batalla contra Morgoth, Eärendil vai destruír o dragón Ancalagon que cae sobre o Thangorodrim, causando a destrución de Angband.