See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dushanbe - Wikipedia

Dushanbe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dushanbe
Mapa
Información
País Taxiquistán
Distrito [[]]
Superficie 100 km2
Poboación 661.100 (2006)
Densidade 6.611 h/km²
Alcalde Mahmadsaid Ubnydulloyev

Dushanbe ou Duxanbe (en taxico Душанбе) é a capital e máis o principal centro cultural e económico de Taxiquistán. No ano 2002 a súa poboación estimábase en 575.900 habitantes. Na época da Unión Soviética recibíu o nome de Stalinabad.

Índice

[editar] Étimo do nome

O nome deriva da palabra taxica para "luns" (du "dous" + šamba o šanbe "día") e refírese ao feito de que a cidade celebraba un mercado moi frecuentado os luns, para eles o segundo día da semana.

[editar] Xeografía

Situada no extremo centro-occidental do país, a uns 800 m de altitude., aséntase no val de Gissar, moi densamente poboado, ubicado ao sudoeste dunha cadena montañosa do mesmo nome (Montes Guissar).

A cidade está atravesada polo río Varzob (tamén chamado río Dušanbinka),que forma parte da conca do Amu Daria.

[editar] Clima

Imaxe:Klima dushanbe.png
Climograma de Dushanbe

Dado o alonxamento do mar, o clima ten un forte carácter continental, con veráns cálidos e secos, e con invernos fríos e, relativamente, húmidos.

A temperatura media é duns 14,7°C e as precipitacións medias anuais son duns 568 mm. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 27,1°, mentres que o máis frío é xaneiro con 2,1°C. O mes máis seco é agosto, entanto as chuvias máis abundantes caen en marzo e abril con cerca de 100 mm.

[editar] Economía

Aeroporto
Aeroporto

Desde que foi conectada á rede ferroviaria (1929), durante a época soviética, a cidade converteuse n centro económico e industrial del paese. As industrias principais son a téxtil, alimentarias e manufactureira.

A 80 km ao sur de Dushanbe, atópase a Base Aérea de Farkhor, a única base militar india fora da Unión India.

Na cercanías de Dushanbe están despregadas tamén tropas francesas, estadounidenses e rusas.

[editar] Transportes

A rede ferroviaria taxica non está moi desenvolvida, en parte a causa do relevo do territorio. Con todo o ferrocarril transcaucásico liga diariamente Dushanbe con Tashkent en Usbequistán e con Moscova. Os trens, porén, son lentísimos por mor do trazado tortuoso da liña.

Dushanbe ten un aeroporto internacional, sito a menos de 15 minutos en automóbil da cidade. Lígase con voos diarios para Moscova, Bakú e Tashkent e voos cada dúas semanas para Estanbul).

[editar] Lugares a visitar

  • Museo Etnográfico, cunha colección de artefactos da arte taxica (cerámicas, alfombras, xoiaría e instrumentos musicais, entre outros).
  • Museo Unificado de Taxiquistán.
  • Teatro da Ópera e Ballet Ayni, con fermosa arquitectura interna.
  • Mezquita de Haji Iakub.

[editar] Ensino e cultura

A cidade é a sede da Universidade de Taxiquistán e da Academia das Ciencias.

[editar] Irmandamentos

Entre outros:


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -