Director de cine
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O director de cine é o profesional que dirixe a filmación dunha película, dando instruccións ós actores, decidindo o ángulo da cámara e o desprazamento desta, supervisando o decorado e o vestuario, e todas as demáis funcións necesarias para levar a cabo a rodaxe.
A importancia que se lle ten dado ós directores na historia do cine é variada. Por exemplo, na época de ouro de Hollywood, a persoa máis importante na creación dunha película era o produtor, e a personaxe máis relevante era o actor ou a actriz, sendo considerado o director como un técnico que dirixía cada día a filmación. Primeiro en Europa e, máis tarde nos Estados Unidos, a figura do director foi adquirindo maior relevancia ata chegar a ser considerado o principal autor dunha película.