Desmond Tutu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Reverendísimo Desmond Mpilo Tutu (Klerksdorp, Transvaal, Sudáfrica, 1931) é un clérigo e pacifista sudafricano que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 a causa da súa oposición ao Apartheid. Tutu foi a primeiro sudafricano negro en ser elixido e ordenado como Arcebispo Anglicano de Cidade do Cabo (Sudáfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa Anglicana de África Meridional). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.
Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arcoiris, para describir metaforicamente á Sudáfrica posterior ao Apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Sudáfrica.