De Havilland Vampire
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- O título correcto deste artigo é de Havilland Vampire. A primeira letra móstrase como letra maiúscula debido a limitacións técnicas.
de Havilland Vampire | |
---|---|
Vampire adestrador | |
Tipo | Caza |
Fabricante | de Havilland |
Primeiro vóo | Setembro de 1943 |
O de Havilland Vampire foi un caza británico que se converteu no segundo reactor encargado pola RAF, despois do Gloster Meteor, durante a Segunda Guerra Mundial a pesares de que non chegou a combater nela. A configuración bideriva do Vampire adoptouse para que a tobeira do motor puidese ser o máis curta e eficaz posíbel. Inda que o prototipo voou no setembro do 1943, este modelo non entrou en servizo ata despois da II Guerra Mundial. Serviu no Mando de Caza e a Real Forza Aérea Auxiliar, pero foi empregado sobre todo por escuadróns enviados a ultramar ata a súa substitución polo Havilland Venom. As derradeiras variantes do Vampire sirviron como entrenadores avanzados, avións de estafeta e remolcadores de brancos despois de ser retirados do servizo de primeira liña. O NF.Mk 10, un caza nocturno bipraza equipado con radar, foi deseñado ara a exportación pero sirveu certo tempo na RAF. O T.Mk 11 foi o adestrador avanzado da RAF dende o 1952 ata a aparición do Gnat a primeiros dos anos 60.
[editar] Especificacións
- Tipo: Cazabombardeiro monopraza De Havilland Vampire FB.Mk 9.
- Construtor: De Havilland
- Ano: 1945
- Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm
- Envergadura: 12,19 m.
- Lonxitude: 9,37 m.
- Altura: 1,88 m.
- Area alar: 24,34 m2.
- Peso baleiro: 3.297 Kg.
- Peso cargado: 5.618 Kg.
- Planta motriz: 1 De Havilland Goblin de 3.350 libras de empuxe.
- Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e bombas e foguetes subalares.
- Velocidade máxima: 540 millas/h a 20.000 pes
- Alcance operacional: 730 millas