Cuncha (arquitectura)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cuncha.
Cuncha, en arquitectura, é cada un dos elementos construtivos triangulares que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior cadrado. Ten unha superficie esférica triangular limitada por tres arcos de circunferencia.
Este recurso arquitectónico comezou a utilizarse en Bizancio no século VII. Un dos edificio máis destacado que utiliza este tipo de soporte para a súa cúpula é a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.