Cúpula
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha cúpula pode ser considerada como un arco que rotou sobre o seu eixe vertical. As cúpulas posúen unha gran forza estrutural. Unha cúpula pequena pode ser construída con albanelaría corrente, cuidando tanto a fricción como as forzas compresivas. As grandes cúpulas, comprenden unha dupla cúpula, unha interna e outra externa, desde que Brunelleschi cubríu triunfalmente, con a súa dobre cúpula, o transepto de Santa Maria del Fiore, a catedral ou "duomo" de Florencia.