Carlos Gardel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Gardel (Tacuarembó ou Toulouse, 11 de decembro de 1890 — Medellín, 24 de xuño de 1935) foi o mais famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.
Exsiste controversia sobre o lugar do seu nacemento. Algúns sustentan que Gardel tería nacido no interior do Uruguai no departamente de Tacuarembó, baseándose nalgúns documentos e materiais xornalísticos da época. Outros din que Gardel tería nacido na cidade francesa de Toulouse como Charles Romuald Gardès, fillo de pai ignorado e de Berthe Gardès (1865-1943). Gardel era esquivo sobre o tema e cando lle preguntaban dicía: "Nacín en Bos Aires aos dous anos e medio de idade".
Cantante e actor célebre en toda a América Latina pola divulgación do tango. Iníciase como cantante ainda xoven co nome artístico de El Morocho, presentándose en cafés dos suburbios da capital arxentina. A súa primeira interpretación formal é no Teatro Nacional de Corrientes, no cal tamén se presenta Don José Razzano, con quen forma unha compañçia por varios anos. Pola sensualidade da súa voz, a cal se prestaba moi ben á interpretación da milonga – xénero precursor do tango – tornase coñecido a partir de "Mi noche triste" (1917).
Foi unha das primordiais influencias de Amália Rodrigues.
Índice |
[editar] Carreira musical
Grabou máis de novecentas cancións, entre tangos, fox-trots, fados, pasodobles e musicas folclóricas, vendendo millares de discos na América Latina e Europa. Entre as súas interpretacións máis famosas están:
- Mi noche triste (1917)
- Desdén (1930)
- Tomo y Obligo (1931)
- Lejana Tierra Mía (1932)
- Silencio (1932)
- Amores de Estudiante (1933)
- Golondrina (1933)
- Melodía de Arrabal (1933)
- Guitarra Guitarra Mía (1933)
- Cuesta Abajo (1934)
- Mi Buenos Aires Querido (1934)
- Soledad (1934)
- Volver (1934)
- Por Una Cabeza (1935)
- Sus Ojos se Cerraron (1935)
- Volvió una Noche (1935)
- El Día Que me Quieras (1935)
[editar] Carreira cinematográfica
Traballou como actor nalguns filmes para a Paramount, entre eles:
- Flor de Durazno (1917) (filme mudo)
- Encuadre de Canciones (1930) (primeiro filme falado de Sudamérica)
- Luces de Buenos Aires (1931) (filmado en Paris)
- La Casa es Seria (1931)
- Espérame (1932)
- Melodía de Arrabal (1932)
- Cuesta Abajo (1934)
- El Tango en Broadway (1934)
- El Día Que Me Quieras (1935)
- Tango Bar (1935)
- The Big Broadcast Of (1936)
[editar] Morte
Gardel morreu nun accidente de avión durante unha xira, en Medellín, en Colombia. Os seus restos mortais encontramse no Cemiterio de la Chacarita na capital arxentina.
[editar] Referencias
- Julián y Osvaldo Barsky (2004), Gardel la biografía, Editorial Taurus, Buenos Aires.
[editar] Ligazóns externas
- Carlos Gardel no IMDB
- gardelbiografia (en lingua castelá)
- A história de Carlos Gardel (en lingua castelá)
- Cancións de Carlos Gardel
- Biografía de Carlos Gardel
- Gardel Universal
- Páxina uruguaia que afirma a naturalidade de Gardel
- Páxina que afirma que Gardel era uruguaio (en lingua francesa)
- Páxina que afirma que Gardel naceu en Francia.