See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cadmo - Wikipedia

Cadmo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cadmo sementando os dentes do dragón, por Maxfield Parrish, 1908
Cadmo sementando os dentes do dragón, por Maxfield Parrish, 1908

Cadmo (ou Cadmos) é unha figura da mitoloxía grega, fundador da cidade grega de Tebas.

Era fillo de Axenor, rei de Tiro, en Fenicia, e de Telefasa, e irmán de Europa.

Cando Zeus, transformado nun touro, raptou á bela Europa, o pai, Axenor, enviouno xunto con seus irmáns Fénix e Cilix, na súa busca, avisándoos de que voltasen até atopala.

Cadmo despois de percorrer boa parte da Terra sen achar á irmá, decidíu non tornar ao seu país. Achegouse a Delfos e consultou o se célebre oráculo, sobre o lugar onde debería vivir. O oráculo aconsellou que cando atopase unha vaca que non coñecese xugo, a seguise, e onde parase a pastar, que fundase unha cidade e chamase ao país Beocia.

Ao pouco tempo de abandonar Delfos, encontrou Cadmo a vaca, e cando se parou esta, decidíu facer un sacrificio en honra a Atenea. Pedíu aos seus compañeiros, que fosen buscar auga dunha fonte cercana sita nunha cova. Cando os compañeiros compriron o mandado, atoparon cun dragón que custodiba a gruta. O dragón acaba con todos.

Extrañado da tardanza dos seus amigos, Cadmo armado, diríxese cara a cova. Contempla horrorizado a matanza, mais non dubida en atacar o monstro e matalo. Aparéceselle entón Atenea e aconséllalle que semente en terra os dentes do dragón a fin de obter "un novo pobo". Confundido sobre o sentido do consello, Cadmo, porén, realiza o mandado: ara os campos e bota no regos os dentes.

Dos dentes surxen logo homes armados, que pelexan entre si. Fican só cinco vivos, que se converten nos novos compañeiros de Cadmo e o axudan a construír a cidade. Recibe o nome de Tebas.

Porén a esposa de Zeus, Xuno, que non podía esquecer que Cadmo era irmán de Europa, amante do seu home, non estaba contenta e atraeu a desgraza na súa familia: Ino botouse no mar, nun arrouto. Semele morreu víctima dos raios de Zeus. Un neto, Penteo foi despedazado polas ménades, e outro, Acteón, foi despedazado polos seus propios cans. Por último o seu propio pobo tebano, levantouse contra el, e o mesmo Diónisos destruíu o seu pazo, de xeito que Cadmo e a súa esposa, Harmonía, xa anciáns, buscaron refuxio na Iliria, onde foron finalmente transformados en serpes.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -