Burgos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Cobre unha superficie de 108 km² e ten 172.421 habitantes (2005). Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán. No ano 930 converteuse en capital do condado de Castela e converteuse nunha das cidades máis importantes do Camiño de Santiago.
Entre os monumentos da cidade destaca a catedral gótica que comezou a construírse o 20 de xullo de 1221 para substituír á catedral románica que databa do século XI. Os encargados de edificala foron mestres franceses, que seguiron modelos do seu país, e consagrouse en 1260. No século XIV cóbrese con bóvedas de crucería, ademais de realizarse o claustro.