Biafra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional: non tivo | |||
Lingua oficial | Igbo, Inglés | ||
Capital | Enugu | ||
Maior cidade | Port Harcourt | ||
Xefe de estado | Chukwuemeka Odumegwu Ojukwu | ||
Poboación:- Total | 13 500 000 (1967) | ||
Moeda | Libra de Biafra | ||
Criado | 30 de maio de 1967 | ||
Disolvido | 15 de xaneiro de 1970 | ||
Himno nacional | Land of the Rising Sun |
Biafra foi o nome que tomou a rexión sueste da Nixeria ao proclamar a súa independencia o 30 de maio de 1967. A rexión foi novamente incorporada a Nixeria o 15 de xaneiro de 1970.
No intre da súa constitución, o estado biafreño ocupaba uns 76.400 km² e estaba habitado por uns 13 millóns de persoas, a metade das cales pertencían á etnia ibo (tamén coñecidos como igbos e iboleses). Recibíu o seu nome da baía de Biafra, que Nixeria renomearía posteriormente co nome de baía de Bonny.