Antuerpen - Antwerpen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antwerp | |
---|---|
localización do concello, no distrito e na provincia |
|
Escudo | Bandeira |
Xeografia | |
Rexión | Flandres |
Provincia | Provincia de Antwerp |
Coordeadas | 51°13’ N, 04°24’ E |
Área | 204.51 km² |
Demografía | |
Poboación – Homes – Mulleres – Densidade |
461.496 (01/07/2006) 50,97% 49,03% 2.257 hab./km2 |
Grupos de idade 0–19 anos 20–64 anos 65 anos ou máis |
(01/01/2006) 22,32% 58,47% 19,21% |
Estranxeiros | 12,41% (01/07/2005) |
Economia | |
Desemprego | 16,72% (01/01/2006) |
Renda per capita | 12.474 euros/hab. (2003) |
Política | |
Prefecto | Patrick Janssens(SP) |
Coalición/Partido | {{{coalición}}} |
Vereadores | {{{vereadores}}} |
Código Postal | |
Código Postal | submunicipios (antigos municipios) |
{{{código postal}}} | {{{submunicipios}}} |
Outras informacións | |
Código telefónico | {{{código telefônico}}} |
Código NIS | {{{nis}}} |
Páxina web | www.antwerpen.be |
Antuerpen (Antwerpen en neerlandés) é a segunda maior cidade da Bélxica, e a maior da rexión de Flandres. É un dos maiores portos do mundo, nas marxens do río Escalda. Antwerpen é coñecida internacionalmente por ser o centro mundial do diamante e polo seu porto. A cidade ten unha poboación de 461 mil habitantes.
O feito de ser considerado o Centro Mundial do Diamante reside en que na cidade prodúcense o 80 porcento dos diamantes brutos e o 50 por cento dos diamantes lapidados do mundo. Dacordo cos datos divulgados polo Alto Consello para o Diamante (HRD) no 2004 o sector do diamante en Antwerpen moveu arredor de 34 mil millóns de dólares, e representou preto do 7 % das exportacións da Bélxica.
Índice |
[editar] Cultura
Antwerpen é a cidade natal de Peter Paul Rubens, o cal é considerado como o símbolo da cidade, é doado atopar en rúas e prazas estatuas e referenzas a el. A catedral, alberga tres das súas obras e outras notorias pódense atopar no museo coñecido como A Casa de Rubens.
No referente á vida nocturna, Antwerpen é unha cidade moi animada dado que é unha das cidades universitarias máis importantes do país. O centro está cheo de bares onde pódese degustar, entre ootras moitas cousas, a cervexa propia da cidade, De Konick.
Un dos mellores lugares para disfrutar da cultura de bar belga é Kassa4, en Ossenmarkt. Tamén, xunto á catedral atópase o bar máis antigo da cidade que ofrece unha carta de cervexas con máis de 150 diferentes.
[editar] Cidades irmás
- Mulhouse, Francia, 1954
- San Petersburgo, Rusia, 1958
- Shanghai, China, 1984
- Haifa, Israel, 1995
- Cidade do Cabo, Sudáfrica, 1996
- Barcelona, España, 1997
- Ludwigshafen, Alemaña, 1998
Dentro do eido da cooperación para o desenvolvemento, Antwerpen tamén está irmanada con:
[editar] Galería de imaxes
1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Ámsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenhague · 1997: Tesalónica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reiquiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Boloña · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Xénova · Lille · 2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Istambul · 2011: Turku · Talín · 2012: Guimaraes |